sábado, 11 de mayo de 2024

CONCURSO "MI LIBRO PREFERIDO 2024"

"Mi libro preferido" é un certame de fomento á lectura para o alumnado de 1º a 4º da ESO matriculado en centros educativos galegos. O prazo remata o 31 de maio de 2024. Pódese participar en dúas modalidades: texto escrito e podcast.


Guia Lectura Mi Libro Prefe... by veracruces

Guia Podcast en Tres Pasos by veracruces

viernes, 3 de mayo de 2024

DÉCIMO PRIMEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Xa iniciando a conta atrás para o remate deste curso, os membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO reúnense o venres 3 maio 2024. Falamos da reciende experiencia da asistencia ao musical do Rei León en Narón (o pasado martes 30 de abril), e decidimos convertir as entradas en orixinais marcapáxinas, para que cada vez que esteamos facendo as nosas lecturas nos lembremos das vivencias desa xornada tan especial. Outro punto de interés a abordar nesta reunión consistiu en definir como imos elaborar una presentación do noso Club de Lectura para enviar ao alumnado dos Clubes de Lectura do IES Eusebio da Garda, e así irnos coñecendo previamente antes da xornada conxunta que está prevista para realizar o vindeiro luns 10 de xuño en Betanzos. Aínda que estamos a finais de curso e cada vez temos máis traballos, exames e outras responsabilidades que se van xuntando, trataremos de sacar algo de tempo para ler a novela O Segredo de Al'Eume, da escritora Pilar Ortega Pereiro, unha das lecturas que están tamén a realizar os nosos compañeiros/as do instituto coruñés, e que poden dar pé a un traballo conxunto. 




martes, 30 de abril de 2024

LARPACONTOS ESO VAI AO MUSICAL

 Musical O Rei León, Narón, martes 30 abril 2024

Achégase o final de curso e o Club de Lecturas Larpacontos da ESO quere premiar a constancia e o compromiso dos cinco rapaces/zas da ESO que o conforman facéndolles entrega de algo moi especial: unha experiencia que lembrarán toda a súa vida: a posibilidade de asistir a o musical tributo a O Rei León, no Pazo da Cultura de Narón (martes 30 abril 2024). O Rei León é unha desas películas que pasaron á historia atraendo a curiosidade de milleiros de espectadores en todo o mundo, e que despois de 20 anos do seu estreno no cine, segue cautivando ao público grazas a producións musicais con voces en directo, atractivas coreografías e unha grande posta en escea. Ademais de todos estes compoñentes sensoriais destacamos a grande importancia das mensaxes: a amizade verdadeira, a aprendizaxe e aexperiencia na vida, ou o respecto, entre outras. 






viernes, 5 de abril de 2024

NOVENA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

 Xa de volta das vacacións de Semana Santa realizamos o venres 5 abril 2024 a que vén sendo a nosa novena reunión do Club de Lectura Larpacontos. Ademais de charlar sobre as lecturas realizadas no período vacacional, nesta reunión abordáronse puntos moi importantes agora que da comezo a terceira e última avaliación. Por unha banda estamos a organizar unha saída extraescolar para o alumnado integrante do Club de Lectura que constitúa unha experiencia cultural enriquecedora e signifique tamén un premio ou obsequio polo seu compromiso levado a cabo durante todo este curso. Tamén fixemos un recordatorio da importancia de ir elaborando un guión radiofónico para poder no mes de xuño gravar un programa de radio na emisora CUAC FM de A Coruña. Plantexamos a posibilidade de restaurar unha antiga vitrina do centro para poder albergar todos os fondos e adquisicións realizadas polo Club de Lectura durante este curso 2023-2024 para que estén expostos nun recuncho da Biblioteca Castelao e poder realizar a deste curso ou principios do próximo curso unha campaña de achegamento á lectura para captar a incorporación de novos membros/as para o Club. E moi interesante a proposta dos membros varóns do Club de Lectura, que teñen prevismo realizar unha especie de "Biblio-Patio-Manga", isto é, un carrito con rodas para poder sacar ao exterior nos tempos de lecer, e así promocionar a lectura deste xénero que lles apaixoa e facilitar a lectura do mesmo ao resto do alumnado interesado nos tempos de lecer sen necesidade de facer rexistros ni empréstitos. Desde logo que ideas e ilusión non nos falta!!





miércoles, 20 de marzo de 2024

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Elías Espiñeira, alumno de 2º da ESO e membro do Club de Lectura Larpacontos,  realiza a lectura para alumnado de 2º EP. Mércores 20 de marzo de 2024

Inés e a cadela sabia. Cabana, Darío Xohán. Editorial: Rodeira.