miércoles, 29 de noviembre de 2023

FORMACIÓN EN RADIO E VISITA A UNHA LIBRARÍA CORUÑESA

A xornada especial do mércores 29 de novembro de 2023 ofreceu aos membros do Club de Lectura Larpacontos unha ocasión extraordinaria para descubrir novas posibilidades.  Grazas á iniciativa e ao apoio da Fundación Ayuda en Acción e acompañados dos membros do Club de Radio do CPI Virxe da Cela, poidemos visitar as instalacións de Radio CUAC FM, situadas na zona da Zapateira (A Coruña). Nesta emisora de radio recibimos unha fantástica visita guiada e formación teórica, que nos deu moitas ideas para poder empregar a radio no Club de Lectura como unha ferramenta para falar das nosas lecturas, expresar as nosas opinións, facer recomendacións lectoras, etc. Xa en horario de tarde visitamos unha librería no centro da cidade herculina e cada un/unha dos/as integrantes do Club de Lectura fixo unha elección dun libro, xa que todos somos diversos/as e temos gustos e inquedanzas particulares. Este lotiño de libros foron mercados a cargo do Club de Lectura e qservirá para as nosas próximas lecturas. 

E despois de tantas horas de convivencia rematamos a xornada con moitos elementos positivos: a convivencia entre ambos clubes foi moi agradable e positiva, e incluso algún novo membro pasará a integrar o Club de Lectura Larpacontos. Esperamos tamén facer colaboracións durante este curso 2023-2024 e poder regresar de novo ás instalacións de Radio CUAC FM no mes de maio ou xuño para gravar en directo un especial radiofónico sobre a lectura. 

Esta experiencia empezou cuns cantos alumnos/as subíndose a un microbús. Aí o pasamos moi ben falando e xogando. Ao chegar ao campus universitario de A Coruña, lugar onde está situada a sede de CUAC FM, recibíronnos moi ben e ensináronnos todo: os aparatos, as ferramentas, etc. A visita durou un par de horas, e ao final nos fixeron unha presentación con todo e uns datos máis concretos, e responderon ás nosas dúbidas. Despois fumos ao centro de A Coruña e deixáronnos tempo para comer onde quixeramos. Uns amigos e mais eu fumos ao K.F.C. Despois de xantar fumos a unha libraría, a FNAC, na que os participantes do Club de Lectura elixiron un libro cada un/unha para a biblioteca do noso centro educativo. Chegamos de volta xusto para coller o bus para ir para casa.  Marcu (1º ESO)





viernes, 24 de noviembre de 2023

SEGUNDA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS CURSO 2023-2024

O venres 24 de novembro de 2023 levouse a cabo a segunda reunión do Club de Lectura Larpacontos no curos 2023-2024. O tempo de reunión non chegou a nada, xa que ademais de comentar primeiro libro seleccionado para ler, Jojo´s Bizarre Adventure do autor xaponés Hirohiko Araki, planificamos diferentes aspectos da saída que se vai facer o vindeiro mércores 29 de novembro á emisora da radio CUAC na Coruña e posterior visita a unha librería coruñesa. Tamén propusimos as novas lecturas: La Odisea de Horero e Los Miserables de Victor Hugo, ambas obras en formato comic/novela gráfica.