viernes, 5 de abril de 2024

NOVENA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

 Xa de volta das vacacións de Semana Santa realizamos o venres 5 abril 2024 a que vén sendo a nosa novena reunión do Club de Lectura Larpacontos. Ademais de charlar sobre as lecturas realizadas no período vacacional, nesta reunión abordáronse puntos moi importantes agora que da comezo a terceira e última avaliación. Por unha banda estamos a organizar unha saída extraescolar para o alumnado integrante do Club de Lectura que constitúa unha experiencia cultural enriquecedora e signifique tamén un premio ou obsequio polo seu compromiso levado a cabo durante todo este curso. Tamén fixemos un recordatorio da importancia de ir elaborando un guión radiofónico para poder no mes de xuño gravar un programa de radio na emisora CUAC FM de A Coruña. Plantexamos a posibilidade de restaurar unha antiga vitrina do centro para poder albergar todos os fondos e adquisicións realizadas polo Club de Lectura durante este curso 2023-2024 para que estén expostos nun recuncho da Biblioteca Castelao e poder realizar a deste curso ou principios do próximo curso unha campaña de achegamento á lectura para captar a incorporación de novos membros/as para o Club. E moi interesante a proposta dos membros varóns do Club de Lectura, que teñen prevismo realizar unha especie de "Biblio-Patio-Manga", isto é, un carrito con rodas para poder sacar ao exterior nos tempos de lecer, e así promocionar a lectura deste xénero que lles apaixoa e facilitar a lectura do mesmo ao resto do alumnado interesado nos tempos de lecer sen necesidade de facer rexistros ni empréstitos. Desde logo que ideas e ilusión non nos falta!!





miércoles, 20 de marzo de 2024

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Elías Espiñeira, alumno de 2º da ESO e membro do Club de Lectura Larpacontos,  realiza a lectura para alumnado de 2º EP. Mércores 20 de marzo de 2024

Inés e a cadela sabia. Cabana, Darío Xohán. Editorial: Rodeira.








jueves, 7 de marzo de 2024

COLABORACIÓNS CO IES EUSEBIO DA GUARDA

 As coordinadora dos Clubs de Lectura do CPI Virxe da Cela e o IES Eusebio da Garda iniciaron en marzo de 2024 unha serie de comunicacións para ir tratando de marcar algunha actividade para realizar conxuntamente a finais de curso. Estase baraxando a posibilidade de facer unha xornada de convivencia conxunta en Betanzos, unha localidade intermedia entre ambos centros, para facer algunha ruta literaria e visitar a Biblioteca e algunha libraría local. 


https://librosabertos.blogspot.com/


miércoles, 6 de marzo de 2024

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA POR PARTE DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

O pasado mércores 7 de marzo de 2024 o alumnado do Club de Lectura Larpacontos inicióu a primeira sesión do que nos gustaría que se convertira nunha actividadea realizar con certa peridiocidade.

Iván Bermúdez, alumno de 4º da ESO e peza fundamental no Club de Lectura Larpacontos ofreceuse de manera voluntaria a ler un conto ao alumnado de 2º de Educación Primaria, xa que ten relación de parentesco con varias alumnas matriculadas neste curso. Este alumno xa concertara co titor de 2º EP,  Iker Sánchez, a primera lectura: o fantástico libro Bruna aprende a dejarse ayudar, unha fermosa historia ilustrada que ten como obxectivo fundamental educar en emocións.

Os nenos e nenas de alumnado de 2º de EP, reunidos na aula de Ferraganchos no horario de recreo de secundaria (de 12:15 a 12:35), asistiron concentrados a narración efectuada por Iván e unha vez rematada pediron por favor repetir a experiencia. 






viernes, 23 de febrero de 2024

PRÉSTAMOS DO CLUB DE LECTURA

 Alumnado de 4º da ESO na materia de plástica realiza o empréstito de materiais bibliográficos adquiridos recentemente polo Club de Lectura, para traballar o plan lector en formato banda deseñada. Cigarra de Shaun Tan, 










SÉPTIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 Venres 23 febreiro 2024. Día de Rosalía. Solo Leveling. Circe










sábado, 10 de febrero de 2024

SEXTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Gústannos especialmente as reunións previas aos períodos vacacionais, xa que habitualmente marchamos para casa coa mochila cargada de lecturas para gozar con calma cando non asistimos a clases e podemos permanecer varias horas seguidas diante dos nosos libros. Celebrada esta nova reunión o venres 9 de febreiro de 2024 , último día de clase antes das tan ansiadas vacacións de Antroido, tivemos a grande sorte de ter a disposición novas adquisicións para  Club de Lectura Larpacontos. Por unha banda tres libros de poesía do autor Alberto Ramos (Gay, Baydoum e Queen), recomendados pola nosa compañeira Karem tras a lectura o curso pasado de Eighteen, deste mesmo autor. Por outra banda a recomendación doutro integrante do Club de Lectura, Iván, coa triloxía A través de mi ventana (A través de mi ventana, A través de ti, A través de la lluvia) de Ariana Godoy. Outras das recomendacións foi a cargo de Elías, grande apasionado dos temas mitolóxicos, aconsellando a novela La Canción de Aquiles, da autora Madeline Miller. E seguindo nesta línea de cultura clásica, presentamos tamén a adaptación de Luc Ferry da obra homérica La Ilíada, en formato novela gráfica. 

O tempo non chegou a nada, xa que ademais de falar dos libros en si, abriuse un debate en torno ás versións nos libros, xa que varios das lecturas abordadas na reunión teñen película ou serie. Tamén debatimos o tema das publicacións en Wattpad, plataforma gratuita de lectura e escritura en liña, que deu impulso a algunha das autoras mencionadas. 

Esta reunión tan fructífera tivo como convidadas a dúas docentes e investigadoras internacionais que estiveron de visita no CPI Virxe da Cela:  Agnes Iara Domingos Moraes (Universidade Estadual do Mato Grosso do Sur) e Mayra álvarez León (Universidad Autónoma de Chapingo, México), que participaron activamente plantexando cuestións en reflexións en torno á importancia da lectura, a iniciación á mesma, a elección da bibliografía, a experiencia de participación nun club de lectura, etc. 












viernes, 26 de enero de 2024

QUINTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O venres 26 xaneiro 2024 realizamos a nosa quinta reunión do Club de Lectura Larpacontos. Contamos coa visita de Iker Sánchez, o mestre de 2º EP, que vén facer entrega do libro Bruna aprende a dejarse ayudar, da autora Anna Ferrer, unha lectura sobre a empatía que imos preparar para poder realizar próximamente un contacontos para os nenos e nenas dese curso de primaria. Foron variados os puntos a abordar nesta reunión: a viabilidade de levar a cabo un programa radiofónico centrado no Club de Lectura para levar a cabo a final de curso na emisora CUAC FM ou a posibilidade de contar co ilustrador betanceiro Xosé Tomás para facer un obradoiro en formato online. E por suposto, tamén tivemos tempo para comentar lecturas anteriores ou propor novas lecturas. En relación ao libro Auschwitz, de Pascal Croci, revisamos un artigo sobre o Día Internacional en Memoria do Holocausto, publicado recentemente no suplemento La Voz de la Escuela, La Voz de Galicia (mércores 24 xaneiro 2024). E continuando coa nosa liña de lecturas sobre cultura clásica, xa temos a algún dos membros do Club de Lectura devorando La canción de Aquiles, de Madeline Miller, e próximamente farase a adquisición de máis exemplares para poder unirnos o resto dos membros. En liñas xerais, o tempo para as reunións estase a quedar curto, e non dispoñemos de máis, en fin, polo menos nestas reunións quincenáis temos a oportunidade de dar unhas cantas pinceladas e sempre quedarnos con ganas para a próxima!!








viernes, 12 de enero de 2024

CUARTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 O venres 12 de xaneiro 2024 realizamos a cuarta reunión do Club de Lectura Larpacontos. Foi unha xuntanza moi enriquecedora, e o tempo non nos chegou a nada, xa que tiñamos que comentar as nosas lecturas das vacacións de Nadal e presentar novas propostas. Parte dos membros do Club de Lectura neste curso 2023-2024 están moi enganchados co mundo do manga, e xa iniciamos unha nova aventura coa saga de Fullmetal Alchemist, da autora xaponesa Miromu Arakuwa. De maneira paralela, e sen alonxarnos da parte visual e gráfica, xa temos a disposición, en primicia e de recente adquisición, varios exemplares de dúas novelas gráficas impresionantes: Auschwitz, de Pascal Croci na Editorial Norma, e a famosa novela de Mary Shelley Frankenstein, da man de Georges Bess e tamén na Editorial Norma. E xa para finalizar a reunión un par de alumnos/as amosaron interese por adquirir libros de poesía do autor Alberto Ramos e tamén da triloxía dos irmáns Hidalgo A través de mi ventana. Esperamos que na próxima reunión xa teñamos algúns exemplares destas novas propostas, que estamos desexosos/as de poder devorar!