Un ano máis queremos agraceder a vosa participación nos Clubes de Lectura do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Que disfrutedes dunhas merecidas vacacións en compañía das vosas familias, amizades e por suposto, unha boa lectura con calma!!
viernes, 26 de junio de 2026
martes, 26 de mayo de 2026
martes, 12 de mayo de 2026
martes, 7 de abril de 2026
miércoles, 25 de marzo de 2026
DÉCIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO
Mércores 25 marzo 2026. Hoxe os participantes no Club de Lecturas Larpacontos da ESO tivemos a oportunidade de ser partícipes dunha primicia: a obra creativa dun membro do Club, apaixoado non só pola lectura senón pola escritura. Esperemos que co paso dos meses cheguemos a ver impreso o libro A nena do bambán, do autor Marcos Garabana, que nos deleitou cos primeiros parágrafos desta novela.
CAPÍTULO 1
A casa estaba en silencio. Non nun silencio tranquilo nin acolledor, senón un deses que pesan, que se meten entre as paredes e se quedan alí, como se formasen parte do aire. Un silencio que non descansaba, que non acompañaba, senón que lembraba constantemente que algo faltaba.
A luz da tarde entraba pola ventá do salón con suavidade e debuxando sombras longas sobre o chan. O reloxo, colgado na parede, marcaba o paso do tempo cun tic-tac constante, repetitivo, case molesto. Cada segundo parecía alongarse máis do que debía, como se o tempo naquela casa tivese outra forma de avanzar.
Sobre a mesa, un prato quedara sen recoller. Ao seu carón, un vaso de auga xa morna. Pequenos detalles que pasaban desapercibidos, pero que, xuntos, contaban algo máis grande: nada se remataba, nada se coidaba de verdade.
No cuarto do fondo, sentada no chan, estaba ela.
A nena.
miércoles, 25 de febrero de 2026
NOVENA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO
Mércores 25 de febreiro 2026. Divertido o formato epistolar en que derivou a reunión o día de hoxe. Falamos de lectura a través dunha crónica de viaxe, que compartimos convosco.
Texto Mgt Para Club Lectura.docx by veracruces








