martes, 13 de junio de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS

O pasado martes  6 de xuño os compoñentes do Club de lectura Larpacontos, visitamos esta biblioteca, unha das máis grandes de Galicia e tivemos a oportunidade de coñecela por dentro tanto as salas de acceso público como os arquivos de acceso restrinxido. Así mesmo explicáronnos o seu funcionamento e todos os servizos dos que dispón, presenciais e tamén a través de internet: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS



 Percorrimos todas as salas
 Neste espazo teñen a banda deseñada, unha enorme colección de cómics
Rematamos na sala infantil e xuvenil
Foi un día especial para rematar o segundo ano do Club Larpacontos


4ª Lectura: Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro

A última lectura deste ano foi " Tonecho de Rebordechao" do autor galego Breogán Riveiro.


Argumento

Tonecho é un neno de cidade que por cousas da vida ten que ir a vivir cos seus avós a Rebordechao, unha aldea perdida sen wifi e nin sequera cobertura de móbil.
Alí xoga nas casas abandoadas e da paseos polo monte co seu can . Un día oe falar do home do unto, e Tonecho averigua que vivía na súa aldea.


Autor

Nace en Montevideo en 1967. Estudia Naútica e o abandona para adicarse ao audiovisual. Na actualidade é realizador e guionista, adicándose en especial aos documentais. Como autor acada o Premio "Cidade fantástica" da cidade da Coruña, a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene e foi finalista do Primeiro Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia.

Publicou as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, instalado no ámbito da literatura humorística. En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao.

3ª Lectura: Lejos de Boneville, Jeff Smith

A terceira lectura do club no presente curso foi un cómic, escollimos o primeiro tomo da serie de albums: Bone:


 

Argumento


A serie céntrase nos Bone. A raza Bone caracterízase por ser uns seres brancos, calvos e con grandes narices. No primeiro número preséntase ao tres primos Bone, o avaro Phoncible P. Phoney Bone, o tontorrón Smiley Bone e o arquetípico home ordinario Fone Bone, os tres primos son expulsados de Boneville, a súa cidade natal, despois de que Phoney ao presentarse a alcalde rompese a estatua do fundador de Boneville ao promocionar a súa candidatura.
Despois de cruzar un deserto aparecen nun misterioso val e acaban separándose debido a unha praga de lagostas, cada un polos seus propios medios consegue cruzar o val perseguidos por as  mostrorratas. Tras cruzalo se reúnen nunha vila chamada Barrelhaven onde son acollidos por unha misteriosa moza chamada Thorn e a súa avoa. Fone Bone namórase de Thorn ao instante e tenta demostrar por todos os medios o seu amor por ela. Pouco a pouco van coñecendo a outros humanos e a outras criaturas que están ameazadas polo Señor das Lagostas. Os Bone vense rapidamente inmersos nunha heroica aventura para salvar o val.
Aínda que Boneville nunca aparece na historia, insinúase que é unha cidade moderna tecnoloxicamente: Fone fala do seu gran centro, Phoney leva dólares e Smiley fala da existencia de reactores nucleares e postos de corndog. A modo de contraste, o val atópase nun estado medieval tanto polo seu tradicional estilo de vida como polo uso do trueque en lugar de diñeiro, armas antigas ou medios de transporte arcaicos. Phoney refírese á xente do val como paletos.
Jeff Smith (27 de febreiro de 1960, McKees Rock, Pensilvania) é un historietista norteamericano cuxa obra máis coñecida é Bone.

Autor

Jeff Smith naceu en McKees  Rocks, Pensilvania pero creceu en Columbus (Ohio), Ohio onde reside actualmente.

 Biografía
O debuxo de Jeff Smith inspírase en debuxos animados e tiras cómicas e está notablemente influenciado polo cómic Pogo de Walt Kelly, a quen descubriu ao nove anos cando un compañeiro trouxo a clase uns cantos cómics. Smith comezou a debuxar cos personaxes de" Bone" en 1970 cando tiña dez anos.

En 1978  graduouse no instituto Thomas Worthington High School en Worthington , Ohio un barrio residencial de Columbus. No instituto era compañeiro de clase do director de cine e animador Jim Kammerud, anos máis tarde, en 1986, Smith e Kammerud fundarían o estudo de animación Character Builders onde Smith traballou até 1992. Despois do instituto foi á Universidade Estatal de Ohio onde creou unha tira cómica chamada "Thorn" para o xornal estudantil The Lantern que incluía algúns dos personaxes que máis adiante aparecerían en Bone .

Carreira
Jeff Smith lanzou en 1991 a súa propia compañía, Cartoon Books, para autopublicar Bone, a publicación orixinal de cincuenta e cinco números en formato cómic book resultou un gran éxito.

Tamén ambientada no universo Bone publicou a través de Cartoon Books Stupid, Stupid Rat-Tails (publicada en España por Astiberri  baixo o nome Estúpidas, estúpidas mostrorratas no ano 2007).No ano 2002 publicou Rose, precuela de Bone (publicado en España por Astiberri  no ano 2008).

En 2003 empezou a traballar para DC Cómics nunha serie limitada do Capitán Marvel, unha serie da cal era fan. A serie titulouse The Monster Society of Evil (Shazam!. A Monstruosa Sociedade do Mal en España de a man de Planeta DeAgostini ).
En febreiro de 2008 lanzou a través da súa compañía Cartoon Books o primeiro número de RASL, unha serie aberta de ton cyberpunk.


En setembro de 2009 publicou a través da editorial Toon Books unha novela gráfica dirixida a nenos pequenos clamada Little Mouse Gets Ready, baseada nun personaxe que fixo de neno.