Xa de volta das vacacións de Nadal, que nos permitiron non so descansar dos estudos e estar coa familia, senón de dispor de máis tempo libre para dedicar á lectura, reunímonos de novo o venres 20 de xaneiro de 2023. Toca comentar as aventuras de Percy Jackson en Percy Jackson y el ladrón del rayo de Rick Riordan, cheas de referencias á mitoloxía clásica, e pasar agora a algo máis desenfadado e de lectura máis sinxela. O libro "Mis whatsapp con mamá" recollen unha serie de conversas entre unha nai e un fillo en formato whatsapp, con moitos elementos humorísticos. Esperamos que nos arranque algunha gargallada!
viernes, 20 de enero de 2023
viernes, 16 de diciembre de 2022
3ª REUNIÓN CLUB LECTURA CURSO 2022-2023
Elías, Tatiana e Karem, membros do Club de Lectura Larpacontos, reuníronse o venres 16 de decembro de 2022 na Biblioteca Castelao para comentar a primeiras das lecturas realizadas este curso. Na pasada reunión, que tivo lugar o venres 25 de novembro de 2022 decidimos iniciarnos á lectura coa novela Invisible de Eloy Moreno. Este libro xa foi utilizado na última edición activa do Club de Lectura (curso 2019-2020) e timo moito éxito entre os participantes daquel momento. Os tres membros do actual Club de Lectura concordaron e coincidiron en que a pesares de que a historia é un pouco dramática, é unha lectura moi recomemdable para denunciar as conductas de abuso escolar ou bullying. A próxima lectura que teremos entre mans vai máis polo mundo clásico, iniciándonos coa saga de Percy Jackson. Animádesvos?
lunes, 29 de enero de 2018
2ª Lectura: Percy Jackson y el ladrón del rayo, Rick Riordan
Sobre o autor
Sobre a obra
O ladrón do raio (título orixinal en inglés: The Lightning Thief) é un libro escrito por Rick Riordan. É o primeiro libro da serie Percy Jackson e os deuses do Olimpo, que conta as aventuras dun mozo actual de doce anos, Percy Jackson, cando descobre que é un semideos; o fillo dunha mortal, Sally Jackson, e do deus grego, Poseidón. Percy e os seus amigos realizan unha procura para previr unha guerra apocalíptica entre os deuses gregos Zeus e Poseidón.Opinións dos lectores
É un libro que trata de mitoloxía. Relaciona a mitoloxía antiga co mundo moderno. Recoméndoo para xóvenes porque trata problemas do noso interese.Rubén
Gustoume porque trata a mitoloxía grega e crea unhas persoaxes moi boas como Groves. Tamén está moi ben enlazado o real e o fantástico de maneira que todo ten sentido.
Daniel
Gustoume moito. Mestura moi ben a mitoloxía grega coa realidade actual. transforma algo antigo en novo.
Hugo



