domingo, 29 de enero de 2017

1ª LECTURA: Chamádeme Simbad, Francisco Castro

BIOGRAFÍA: 

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publica Galaxia.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.
No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.
En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor Freixanes, que pasou a ser conselleiro.

OBRAS:

Narrativa
A outra banda da fiestra. (1989) Relatos.
Amor de Cinema. (1994, Edicións do Cumio) Novela.
Play-back. (1997) Novela.
A canción do náufrago. (2001, Ir Indo) Relatos.
Xeografías. (2001, Positivas) Narrativa erótica.
Memorial do inforturnio. (2003, A Nosa Terra) Novela histórica.
Río Leteo. (2004, Espiral Maior). Relatos.
Xeración perdida. (2004, Galaxia) Novela. Traducida ao castelán no 2011, como Generación perdida, en Pulp Books.
Spam. (2006, Galaxia) Novela. Traducido ao italiano no 2012, en Edizioni dell'Urogallo.
As palabras da néboa. (2007, Galaxia) Novela.
In vino veritas. (2011, Galaxia) Novela.
O corazón de Branca de Neve. (2013, Galaxia). Novela.
Tes ata as 10. (2014, Galaxia). Novela
Amor é unha palabra coma calquera outra. (2016, Galaxia). Novela
Literatura infanto-xuvenil
Un bosque cheo de faias. (2004, Everest). Narrativa infantil.
O ceo dos afogados. (2007, Xerais) Narrativa xuvenil.
Chamádeme Simbad. (2009, Galaxia) Narrativa infantil.
O segredo de Marco Polo (2010, Galaxia) Narrativa xuvenil.
Tradución[editar | editar a fonte]
Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009, Galaxia).
Obras colectivas
Alma de beiramar. (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal. (2005, AELG).
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. (2006, Difusora).
Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
Letras novas (2008, AELG).
Quéroche contar un conto (2010, Xerais).
En defensa do Poleiro. (2010, Toxosoutos).
Manual para condutores con faros antinéboa. (2010, Xunta de Galicia).
Pel con pel (2010, Galaxia).
Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia).
O neno can (2014, Galaxia). Con Fina Casalderrey.

OPINIÓNS dos LECTORES:


Gustoume moito e recomendaríao porque trata moi ben miotos temas da actulidade. Este libro é moi interesante e fala de moitas cousas que a xente coñece e que son moi importantes.
Leonor Vázquez Veira

Recomendo este libro porque trata do alzheimer e é unha enfermidade que afecta a moitas familias. a verdade gustoume moito.
Lucía López Regueiro

A min gustoume este libro porque da unha visión dunha familia normal e aprendes moitas cousas. Recomendo este libro porque fala do alzheimer.
Daniela Pereira
 
A min gustoume porque é un libro bastante divertido e aprendes cousas novas.
Sonia Bouza Rivas




2ª ANDAINA do CLUB LARPACONTOS


No presente curso 16/17 formáronse de novo dous clubs de lectura. Un con alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e outro con alumnos e alumnas da ESO.
Xa levamos un trimestre con reunións, lecturas e actividades das que imos deixar aquí algunha reseña para compartir con toda a comunidade educativaen torno á Biblioteca Castelao do noso colexio.

5ª LECTURA. Lectura para o verán

Algo tan sencillo como darte un beso, de Blue Jeans
Esta fue la lectura escogida para llevarse en verano por decisión de los miembros del Club Larpacontos.