martes, 9 de mayo de 2017

2ª LECTURA: Memorias de Idhún. La resistencia I, Laura Gallego

 A segunda lectura do club este ano foi un libro de aventuras e romance nun mundo fantástico: Memorias de Idhún. Lemos unicamente o primeiro libro desta serie: La resistencia.

Argumento

Todo empeza cando un mozo de 13 anos chamado Jack volve a casa e ve que asasinaron aos seus pais. Enseguida atopa ao culpable pero de súpeto dous mozos de 20 anos, respectivamente, rescátano e lévano a un lugar chamado Limbhad onde xunto ca súa gran amiga Vitoria descubrirán o mundo de Idhun. Kirtash pola súa banda, tenta facer o posible por matalos, xa que o seu pai Ashran así o mandou pero quizais non sexa capaz de facelo, quizais empezou a sentir algo por Vitoria... E non contamos máis, haberá que leelo para saber como remata...


Autora

Laura Gallego García, nada na cidade de Quart de Poblet (Hospital Militar en Mislata, Valencia) o 11 de outubro de 1977, é unha escritora española de xénero fantástico e ficción científica.
Aos once anos comezou a escribir cunha amiga súa a que sería a súa primeira novela sen publicar, Zodiaccía, un mundo diferente[1] (dispoñible na súa páxina web[2]). Aos 21 anos, cando estaba estudando Filoloxía Hispánica, escribiu a novela Finis Mundi, coa que obtivo o primeiro premio no concurso El Barco de Vapor da editorial SM. O seu segundo premio no concurso El Barco de Vapor conseguiuno coa súa novela La leyenda del Rey Errante, libro que ela consideraba mellor que o anterior.

É fundadora da revista universitaria Náyade, repartida trimestralmente na Facultade de Filoloxía e foi codirectora da mesma desde 1997 a 2000.

A súa primeira novela publicada foi Finis Mundi (1999), pero obtivo maior popularidade coa súa triloxía Crónicas de la Torre. Por mor desa triloxía xurdiu un gran interese pola súa obra, especialmente na Internet. Pero aínda que a súa fama débese principalmente ás novelas xuvenís, publicou tamén obras dirixidas a un público infantil (Retorno a la Isla Blanca, El cartero de los sueños), incluíndo aos prelectores (serie de Alba). En 2004 comezou a súa segunda triloxía, titulada Memorias de Idhún, cultivando o seu maior éxito ata o momento, con máis de 350.000 exemplares vendidos.

Laura Gallego explorou gran parte dos temas literarios: comeza escribindo literatura histórico-fantástica, coa súa novela Finis Mundi; pero proba tamén a ficción científica, con Las hijas de Tara; e máis tarde a fantasía épica con Crónicas de la Torre e Memorias de Idhún; sen esquecer tampouco a súa literatura infantil.


Sobre a súa obra

Na súa narrativa fantástica, e particularmente en Memorias de Idhún, o tema amoroso é tanto ou máis importante que o fantástico, feito que a diferenza notablemente do modelo de J.R.R. Tolkien: os personaxes expresan sen cesar os seus sentimentos, dúbidas, receos, decepcións etc., e guíanse por eles, xeralmente máis que por outros conceptos como o honra ou o deber. Así, a reflexión sobre o propio sentimento ocupa moito espazo nos diálogos e a reprodución do pensamento, feito favorecido pola decisión de empregar un apaixonado triángulo amoroso no que Victoria sente irremediablemente atraída por dous personaxes opostos e incompatibles.
SAGAS:
Crónicas de la Torre

Memorias de Idhún

Ahriel

Sara y las goleadoras

Aventuras por casualidad

NOVELAS INDEPENDENTES:

Todas las hadas del reino

Donde los arboles cantan

El Libro de los Portales

Dos velas para el diablo

Finis Mundi

La leyenda del Rey Errante

El coleccionista de relojes extraordinarios

Cuando me veas

La emperatriz de los etereos

Mandrágora

La hija de la noche

Las hijas de Tara

Omnia. Todo lo que puedas soñar

Retorno a la Isla Blanca

Enlaces

Páxina web oficial da escritora 
Foro de Laura Gallego 


Opinións dos lectores e lectoras

"Considero este libro uno de las mejores historias fantásticas para jóvenes, lo pienso así por muchas razones: tiene un argumento extraordinario con unos personajes muy interesantes, está muy bien escrito y tiene al personaje más malvado que he visto nunca: Gerde, aunque todavía no aparece en el tomo que hemos leído en el club." Gael

"Presenta a unos adolescentes enfrentados a una situación de mucho miedo, pero aún así se ayudan entre sí y nunca se sienten solos porque se tienen unos a otros." Leonor

"Ya habíamos leído otros libros de literatura fantástica: El Hobbit, El señor de los anillos, Gerónimo Stilton, pero ninguno se parece a este". Clara y Lucía