Mostrando entradas con la etiqueta Sin noticias de Gurb. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sin noticias de Gurb. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de mayo de 2018

4ª Lectura: Sin noticias de Gurb, Eduardo Mendoza

Como suxerencia da coordinadora do club de lectura, escollemos este libro como cuarta lectura do club:

Sobre o autor

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).
De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa dona, a actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.
Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Sobre a obra

Sin noticias de Gurb apareceu por entregas no xornal El País, e foi publicada en 1991 por Seix Barral. Foi traducida ao galego por Antón Lado e publicada en 2010 por 2.0 editora. Amais, traduciuse ao inglés, francés, alemán, italiano, dinamarqués, romanés, polonés e búlgaro.

Dous alieníxenas son enviados ao planeta Terra, e aterran preto de Barcelona. Un deles, Gurb, toma a aparencia da cantante galega Marta Sánchez e dedícase a investigar a vida humana. Porén, pérdese e non lle dá novas ao seu xefe (o narrador), que marcha explorar a cidade pola súa conta. Nun principio toma a imaxe do Conde-Duque de Olivares, e vai mudando a aparencia segundo as circunstancias, modificando de forma improvisada os obxectivos da misión.

Así, mentres anda na procura de Gurb, vai coñecendo a vida da cidade e dos seus habitantes. Nese momento a vila prepárase para os Xogos Olímpicos de 1992, a pesar do cal a cidade está organizada de forma caótica, facendo críticas veladas ás institucións como o Concello, a Generalitat de Catalunya e o Goberno de España. O alieníxena vaise integrando nas incomprensibles e absurdas actividades da vida cotiá. Analiza por exemplo as diferenzas sociais entre xente rica e xente pobre, diferenciando os barrios de San Cosme e Pedralbes. No seu proceso de socialización faise amigo dunha parella maior que rexenta un bar, e faille as beiras a unha veciña.

Atopa a Gurb e pensan en asentarse en Barcelona, pero os seus xefes encoméndanlles a misión de ir a un planeta en Alfa Centauro. Finalmente envían a nave cara a esa galaxia e quedan na cidade, mais Gurb volve desaparecer, rematando cun final aberto.

Opinións dos lectores

É un libro sorprendente, narrado dun xeito moi orixinal, como un diario de a bordo ou caderno de bitácora dun viaxeiro, pero dun viaxeiro espacial. Aínda así non acabei de entender este sentido do humor tan persoal.
Gael

Gústame porque o protagonista vive unha serie de aventuras eestrambóticas e moi divertidas.
Rubén

Gustoume porque .
Daniel

Gustoume moito
Hugo


É un libro ambientado na Barcelona dos anos 80. Gustoume porque é un tema que sempre me gustou: os extraterrestres.
Ariadna