viernes, 15 de diciembre de 2023

TERCEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

A terceira reunión deste curso académico 2023-2024, e última do primeiro trimestre, tivo lugar o venres 15 de decembro de 2023. Ademais de falar e comentar lecturas anteriores tivemos a oportunidade de revisar as últimas adquisicións para o Club de Lectura. Como cada un de nós ten o seu propio ritmo de lectura, estamos a realizar algunhas lecturas paralelas. Nestos momentos, tendo en conta os nosos gustos e preferencias, seguimos centrados no mundo do cómic e da banda deseñada, e sen deixar de lado o formato "manga" coas súas temáticas específicas, queremos achegarnos á literatura máis universal con grandes clásicos como A Ilíada e a Odisea de Homero, ou grandes novelas como Los Miserables de Víctor Hugo, para ir tamén comparando as diferentes versións.