martes, 8 de noviembre de 2022

INICIAMOS O CLUB DE LECTURA NO CURSO 2022-2023

Despois dun parón dun par de cursos (debido á situación excepcional da Covid-19), o venres 4 de novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura Larpacontos. Imos esforzarnos ben por volver a mover as engranaxes e comezar a facer rodar esta iniciativa, e esperamos que aínda que sexa ao principio un tanto difícil, de aquí a final de curso poidamos avanzar e realizar con éxito a nosa doble misión: por unha banda promover a lectura e atopar un espazo para o intercambio de ideas e a socialización.

Cando deseñamos a proposta para o Club de Lectura Larpacontos neste curso 2022-2023 contábamos co compromiso de 6 alumnos/as da ESO: 1º ESO (2 rapazas e 1 rapaz), 2º ESO (1 rapaza e 1 rapaz) e 3º ESO (1 rapaza). Mais este número veuse xa reducido coa baixa de varias persoas, nalgún caso por cambio de centro educativo e noutros por falta de tempo, interés ou motivación. 

Somos poucos, pero como deixou escrito Baltasar Gracián fai moitos séculos: "Lo bueno, si breve, dos veces bueno". 

Nestre primeiro dos nosos encontros simplemente tratamos de romper o xeo, comentar as nosas expectativas en torno a esta actividade, dar unhas pinceladas sobre os nosos gustos e preferencias en conto ás lecturas, etc. Acordamos tamén traer para a vindeira reunión un par de suxerencias de lectura, para así poder ir abrindo o camiño a esta experiencia grupal.