Mostrando entradas con la etiqueta G. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta G. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de febrero de 2025

OITAVA REUNIÓN LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

Unha nova reunión do Club de Lecturas Larpacontos ESO levouse a cabo o mércores 19 febreiro de 2025, xuntándonos profesorado e alumnado para compartir as nosas inquedanzas sobre a lectura. 

Abrimos a reunión facendo reconto de votos con respecto ás recomendacións lectoras deste mes, e así poder ir elexindo as novas adquisicións. Dimos paso a un pequeno espazo de debate a raíz da lectura do libro Historia de Sara, escrito por Francisco Castro e ilustrado por Luz Veloso, xa que trata un tema moi complexo e incluso tabú. Todos e todas estivemos dacordo en que gustounos moito a lectura do libro, a pesares da dureza do tema tratado, e consideramos que a publicación deste libro é unha maneira para poder visibilizar o problema dos abusos na infancia. 

Descubrimos tamén o novo libro de poesía que vén de publicar o noso compañeiro Diego Cousillas. O seu título é G, e o propio autor deunos unha pincelada do que é a poesía experimental e explicou certos elementos que aparecen no seu libro, como é a Greguería, o haiku, o caligrama, ou a poesía tipográfica, entre outros.

Ademais de falar de lecturas, tamén avanzamos algunhas ideas e proxectos que temos en mente para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2025, xa que o alumnado do Club de Lectura Larpacontos ESO ten moitísimo potencial creativo e artístico e sempre é voluntarioso á hora en participar en diferentes iniciativas. 

Antes de rematar a reunión utilizamos uns minutiños para falar do cartel do Día do Comic (17 de marzo 2025), creado por Bea Lema, a autora de Cuerpo de Cristo, Premio Nacional do Cómic 2024, no que volve a apostar pola súa característica técnica del bordado.