Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2025-2026. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2025-2026. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2026

DÉCIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO

 Mércores 25 marzo 2026. Hoxe os participantes no Club de Lecturas Larpacontos da ESO tivemos a oportunidade de ser partícipes dunha primicia: a obra creativa dun membro do Club, apaixoado non só pola lectura senón pola escritura. Esperemos que co paso dos meses cheguemos a ver impreso o libro A nena do bambán, do autor Marcos Garabana, que nos deleitou cos primeiros parágrafos desta novela. 



CAPÍTULO 1

A casa estaba en silencio. Non nun silencio tranquilo nin acolledor, senón un deses que pesan, que se meten entre as paredes e se quedan alí, como se formasen parte do aire. Un silencio que non descansaba, que non acompañaba, senón que lembraba constantemente que algo faltaba.

A luz da tarde entraba pola ventá do salón con suavidade e debuxando sombras longas sobre o chan. O reloxo, colgado na parede, marcaba o paso do tempo cun tic-tac constante, repetitivo, case molesto. Cada segundo parecía alongarse máis do que debía, como se o tempo naquela casa tivese outra forma de avanzar.

Sobre a mesa, un prato quedara sen recoller. Ao seu carón, un vaso de auga xa morna. Pequenos detalles que pasaban desapercibidos, pero que, xuntos, contaban algo máis grande: nada se remataba, nada se coidaba de verdade.

No cuarto do fondo, sentada no chan, estaba ela.

A nena.

Marcos Garabana. 4º ESO

miércoles, 25 de febrero de 2026

NOVENA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO

 Mércores 25 de febreiro 2026. Divertido o formato epistolar en que derivou a reunión o día de hoxe. Falamos de lectura a través dunha crónica de viaxe, que compartimos convosco. 

   

Texto Mgt Para Club Lectura.docx by veracruces






miércoles, 22 de octubre de 2025

SEGUNDAR REUNIÓN LARPACONTOS ESO 2025-2026




 


O Mércores 23 de outubro de 2025 levamos a cabo a nosa segunda reunión do Club Larpacontos ESO neste curso 2025-2026. O punto de inicio foi moi emocionante, xa que emulando o formato "epistolar" que Sam Stoker utilizou na súa obra maestra Drácula, a nosa compañeira de lectura e profesora de galego Laura animounos a mergullarnos neste clásico  a través dunha carta. Fixemos a lectura en alto desta misiva, na que Laura lembraba os seus tempos de estudante de filoloxía cando de maneira azarosa descubriu o libro de Drácula nunha libraría de segunda man. Agora tócanos a nós descubrir ao arquetipo moderno do vampiro, que tanto ten influído en innumerables obras posteriores de cinema, televisión e literatura. Drácula, de Bram Stoker, segue sendo unha das novelas máis lidas e representadas de todos os tempos.

Acompañando á lectura de Drácula trataremos de levar a cabo sesións de cineforum na biblioteca para poder facer o visionado dalgunha das películas inspiradas neste personaxe. A nosa compañeira Laura tamén nos animou na súa carta a realizar algún traballo creativo, como sería un mural, un storyboard ou un podcast radiofónico.

Tendo en conta os intereses dos diferentes membros  do Club de Lectura Larpacontos ESO entre outras lecturas que temos intención de levar a cabo este curso falouse de continuar coa temática de vampiros a través da  Crepúsculo (Twilight) de Stephenie Meyer, descubrir as aventuras de Alatriste de Pérez Reverte, achegarnos á literatura xuvenil romántica a través da trioloxía de A través de mi ventana de Ariana Godoy, entre outros. 



carta ao club de lectura, Drácula by veracruces