martes, 30 de abril de 2024

LARPACONTOS ESO VAI AO MUSICAL

 Musical O Rei León, Narón, martes 30 abril 2024

Achégase o final de curso e o Club de Lecturas Larpacontos da ESO quere premiar a constancia e o compromiso dos cinco rapaces/zas da ESO que o conforman facéndolles entrega de algo moi especial: unha experiencia que lembrarán toda a súa vida: a posibilidade de asistir a o musical tributo a O Rei León, no Pazo da Cultura de Narón (martes 30 abril 2024). O Rei León é unha desas películas que pasaron á historia atraendo a curiosidade de milleiros de espectadores en todo o mundo, e que despois de 20 anos do seu estreno no cine, segue cautivando ao público grazas a producións musicais con voces en directo, atractivas coreografías e unha grande posta en escea. Ademais de todos estes compoñentes sensoriais destacamos a grande importancia das mensaxes: a amizade verdadeira, a aprendizaxe e aexperiencia na vida, ou o respecto, entre outras. 






viernes, 5 de abril de 2024

NOVENA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

 Xa de volta das vacacións de Semana Santa realizamos o venres 5 abril 2024 a que vén sendo a nosa novena reunión do Club de Lectura Larpacontos. Ademais de charlar sobre as lecturas realizadas no período vacacional, nesta reunión abordáronse puntos moi importantes agora que da comezo a terceira e última avaliación. Por unha banda estamos a organizar unha saída extraescolar para o alumnado integrante do Club de Lectura que constitúa unha experiencia cultural enriquecedora e signifique tamén un premio ou obsequio polo seu compromiso levado a cabo durante todo este curso. Tamén fixemos un recordatorio da importancia de ir elaborando un guión radiofónico para poder no mes de xuño gravar un programa de radio na emisora CUAC FM de A Coruña. Plantexamos a posibilidade de restaurar unha antiga vitrina do centro para poder albergar todos os fondos e adquisicións realizadas polo Club de Lectura durante este curso 2023-2024 para que estén expostos nun recuncho da Biblioteca Castelao e poder realizar a deste curso ou principios do próximo curso unha campaña de achegamento á lectura para captar a incorporación de novos membros/as para o Club. E moi interesante a proposta dos membros varóns do Club de Lectura, que teñen prevismo realizar unha especie de "Biblio-Patio-Manga", isto é, un carrito con rodas para poder sacar ao exterior nos tempos de lecer, e así promocionar a lectura deste xénero que lles apaixoa e facilitar a lectura do mesmo ao resto do alumnado interesado nos tempos de lecer sen necesidade de facer rexistros ni empréstitos. Desde logo que ideas e ilusión non nos falta!!