O venres 24 de maio 2024 o alumnado realizouse a décimo-segunda reunión do Club de Lectura da ESO. A piques de rematar o curso esta reunión quedouse moi curta, xa que ademais de falar de libros e lectura, estivemos a perfilar varias actividades que temos entre mans. Unha delas é unha actividade en colaboración cos Clubes de Lectura do IES Eusebio da Garda, de A Coruña. Está programada para o vindeiro luns 10 de xuño de 2024, e consistiría nun roteiro literario e monumental por Betanzos, para ver diferentes localizacións que saen nalgunha das nosas lecturas, visitar unha libraría e un museo. Previamente a este encontro físico cos rapaces e rapazas do instituto coruñés, estamos a elaborar uns paneis de presentación, para poder enviarllos por correo electrónico e xerar unha especie de intercambio epistolar en formato dixital.
En canto ás lecturas, somos conscientes de que nestas alturas do curso, aveniñándose o fin de curso e múltiples exames e traballos, imos ter que deixar un pouco de lado as lecturas voluntarias, non obstante igualmente seguiremos respectando os nosos ritmos personais de lectura, e ademais de falar do que vivimos e sentimos a través das lecturas, estamos tamén pensando e facer suxerencias para ir fornecendo a biblioteca escolar con libros acordes aos nosos gustos e preferencias. Este curso temos que dicir que, coincidendo coa temática marcada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, o comic, banda deseñada e novela ilustrada foron os auténticos protagonistas, especialmente o manga/anime.