miércoles, 15 de enero de 2025

SEXTA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS

O mércores 15 xaneiro 2025 realizamos unha nova reunión, tras varias semanas de vacacións de nadal. Os rapaces do clube, expertos en manga e en videoxogos, falaron da nova saga Sword Art Online (Reki Kawahara, Planeta Cómic), unha serie de anime que narra a historia dun videoxogo de realidade virtual (VRMMORPG) chamado Sword Art Online, onde os xogadores quedan atrapados e non poden saír ata que superen o xogo. Queda anotado para as nosas próximas adquisicións. A mediadora informou aos membros do clube da imposibilidade de mercar La tumba de las luciérnagas (Akiyuki Nosaka, Editorial Acantiladl), un dos libros elixidos na votación de preferencias lectoras, xa que está descatalogado e non se atopa nas librarías. 

Parte da reunión empregouse para comentar as dúas últimas lecturas, Cuerpo de Cristo (Bea Lema, Astiberri Ediciones) y Soy de Pueblo. Manual para sobrevivir en la ciudad (Moderna de Puelbo, Editorial Lúmen). Ambos libros tiveron moi boa acollida entre os/as lectores/as, a pesares de que o primeiro é unha obra que aborda un tema moi serio (a saúde mental) e o segundo é un manual desenfadado escrito en clave de humor. 

Houbo tempo para promover diferentes concursos e premios literarios, como premios literarios Minerva (Colexio Peleteiro), XXI Premio “El Brocense” de microrrelatos (Diputación Provincial de Cáceres), animando á rapazada na práctica da escritura. Tamén se presentaron dous proxectos que se van desenvolver no noso centro (Falamos+ e Rede Compás), motivando ao alumnado do clube de lectura a participar activamente neles, tendo en conta o seu enorme potencial e a súa capacidade de traballo en equipo e cohexión. 

Para finalizar a reunión varios alumnos/as comentaron que varios libros da biblioteca non teñen a etiqueta axeitada, e que polos contidos abordados non son axeitados para a lectura de nenos/as de primaria. Transmitirase esta información á coordinadora da biblioteca escolar.