A poucos días de rematar este curso escolar, quixemos agradecer a participación a todos os/as membros dos diferentes clubes de lectura. Imprimíronse uns diplomas acreditativos e graváronse uns chaveiros coa cortadora-gravadora láser que temos no centro escolar, co nome dos clubes de lectura e o logo do centro. Por falta de tempo e incompatibilidade de horarios nun fin de curso moi axetreado non puidemos levar a cabo unha chocolatada conxunta de todos os clubes, queda pendente para o vindeiro curso.