Tres alumnos/as pertencentes ao Clube de Lectura Larpacontos reciben un premio e agasallo. Conmemoración Día das Bibliotecas Escolares, venres 24 de outubro 2025.
viernes, 24 de octubre de 2025
miércoles, 22 de octubre de 2025
SEGUNDAR REUNIÓN LARPACONTOS ESO 2025-2026
O Mércores 23 de outubro de 2025 levamos a cabo a nosa segunda reunión do Club Larpacontos ESO neste curso 2025-2026. O punto de inicio foi moi emocionante, xa que emulando o formato "epistolar" que Sam Stoker utilizou na súa obra maestra Drácula, a nosa compañeira de lectura e profesora de galego Laura animounos a mergullarnos neste clásico a través dunha carta. Fixemos a lectura en alto desta misiva, na que Laura lembraba os seus tempos de estudante de filoloxía cando de maneira azarosa descubriu o libro de Drácula nunha libraría de segunda man. Agora tócanos a nós descubrir ao arquetipo moderno do vampiro, que tanto ten influído en innumerables obras posteriores de cinema, televisión e literatura. Drácula, de Bram Stoker, segue sendo unha das novelas máis lidas e representadas de todos os tempos.
Acompañando á lectura de Drácula trataremos de levar a cabo sesións de cineforum na biblioteca para poder facer o visionado dalgunha das películas inspiradas neste personaxe. A nosa compañeira Laura tamén nos animou na súa carta a realizar algún traballo creativo, como sería un mural, un storyboard ou un podcast radiofónico.
Tendo en conta os intereses dos diferentes membros do Club de Lectura Larpacontos ESO entre outras lecturas que temos intención de levar a cabo este curso falouse de continuar coa temática de vampiros a través da Crepúsculo (Twilight) de Stephenie Meyer, descubrir as aventuras de Alatriste de Pérez Reverte, achegarnos á literatura xuvenil romántica a través da trioloxía de A través de mi ventana de Ariana Godoy, entre outros.

