viernes, 10 de marzo de 2023

6ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 O Club de Lectura Larpacontos realiza unha nova xuntanza o venres 10 marzo 2023, tanto para falar das últimas lecturas e debatir sobre o xénero de banda deseñada e manga, como para elixir un novo libro. Nesta ocasión, para que a nosa compañeira Karem poda seguir afondando na lingua galega a nosa elección foi Harry Potter e a Pedra Filosofal, de J.K. Rowling, xa que para solvertar as dificultades da nova lingua apoiámonos nun libro previamente lido polos membros do Club en lingua castelá e incluso coñecemos a versión cinematográfica.  






miércoles, 15 de febrero de 2023

5ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Realizamos a nosa reunión o mércores 15 de febreiro 2023, preparando as nosas lecturas para as próximas mini-vacacións de Antroiodo. Desta volta deixamos a narrativa e nos pasamos a outro xénero, e como imos ter máis tempo libre levamos dous títulos: A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado, para que a nosa compañeira Karem se achegue á lingua e á cultura galegas, aínda que se xa en clave de humor. Por outra banda, e seguindo coa banda deseñada, algúns dos membros do club iniciaranse no mundo do manga a través da proposta do xaponés Yusei Matsui con Assassination Classroom.






viernes, 20 de enero de 2023

4º REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS

 Xa de volta das vacacións de Nadal, que nos permitiron non so descansar dos estudos e estar coa familia, senón de dispor de máis tempo libre para dedicar á lectura, reunímonos de novo o venres 20 de xaneiro de 2023. Toca comentar as aventuras de Percy Jackson en Percy Jackson y el ladrón del rayo de Rick Riordan, cheas de referencias á mitoloxía clásica, e pasar agora a algo máis desenfadado e de lectura máis sinxela. O libro "Mis whatsapp con mamá" recollen unha serie de conversas entre unha nai e un fillo en formato whatsapp, con moitos elementos humorísticos. Esperamos que nos arranque algunha gargallada!


viernes, 16 de diciembre de 2022

3ª REUNIÓN CLUB LECTURA CURSO 2022-2023



Elías, Tatiana e Karem, membros do Club de Lectura Larpacontos, reuníronse o venres 16 de decembro de 2022 na Biblioteca Castelao para comentar a primeiras das lecturas realizadas este curso. Na pasada reunión, que tivo lugar o venres 25 de novembro de 2022 decidimos iniciarnos á lectura coa novela Invisible de Eloy Moreno. Este libro xa foi utilizado na última edición activa do Club de Lectura (curso 2019-2020) e timo moito éxito entre os participantes daquel momento. Os tres membros do actual Club de Lectura concordaron e coincidiron en que a pesares de que a historia é un pouco dramática, é unha lectura moi recomemdable para denunciar as conductas de abuso escolar ou bullying. A próxima lectura que teremos entre mans vai máis polo mundo clásico, iniciándonos coa saga de Percy Jackson. Animádesvos?






martes, 8 de noviembre de 2022

INICIAMOS O CLUB DE LECTURA NO CURSO 2022-2023

Despois dun parón dun par de cursos (debido á situación excepcional da Covid-19), o venres 4 de novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura Larpacontos. Imos esforzarnos ben por volver a mover as engranaxes e comezar a facer rodar esta iniciativa, e esperamos que aínda que sexa ao principio un tanto difícil, de aquí a final de curso poidamos avanzar e realizar con éxito a nosa doble misión: por unha banda promover a lectura e atopar un espazo para o intercambio de ideas e a socialización.

Cando deseñamos a proposta para o Club de Lectura Larpacontos neste curso 2022-2023 contábamos co compromiso de 6 alumnos/as da ESO: 1º ESO (2 rapazas e 1 rapaz), 2º ESO (1 rapaza e 1 rapaz) e 3º ESO (1 rapaza). Mais este número veuse xa reducido coa baixa de varias persoas, nalgún caso por cambio de centro educativo e noutros por falta de tempo, interés ou motivación. 

Somos poucos, pero como deixou escrito Baltasar Gracián fai moitos séculos: "Lo bueno, si breve, dos veces bueno". 

Nestre primeiro dos nosos encontros simplemente tratamos de romper o xeo, comentar as nosas expectativas en torno a esta actividade, dar unhas pinceladas sobre os nosos gustos e preferencias en conto ás lecturas, etc. Acordamos tamén traer para a vindeira reunión un par de suxerencias de lectura, para así poder ir abrindo o camiño a esta experiencia grupal. 



miércoles, 26 de junio de 2019

Visita do Club Larpacontos á Expotaku

Resultado de imagen de expotaku coruña 2019 O pasado venres 24 de maio visitamos a feira Expotacu na Coruña. Nela puidemos coñecer todo o máis recente desta cultura. O alumado puido xogar, comprar e ver en directo como algúns debuxantes facían as súas creacións.



Resumo do curso

Este ano non houbo tempo de deixar no blog as opinións e comentarios sobre as nosas lecturas, imos deixar a lista de títulos lidos:

My hero academia, Kohei Horikoshi



Assasination classroom, Yusei Matsui






Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro




León kamikaze, Álvaro García Hernández




O contador de estrelas, Santi Jaureguizar






Mi verdadera historia, Juan José Millás




Aire negro, Manuel de Pedrolo




Lectura para o verán: Invisible, Eloy Moreno