Hoxe, venres 26 de maio 2023, celebramos a nosa décima e última reunión oficial do Club de Lectura ESO Larpacontos. Ademais de falar das últimas lecturas realizamos a valoración da experiencia de participación no Club de Lectura, e anticipándonos aos resultados do formulario de avaliación que cubriremos próximamente, temos todos/as moi claro que para o vindeiro curso... repetiremos!! Encantounos a experiencia. Pero isto non remata aquí neste curso... Durante o mes de xuño reunirémonos de maneira puntual cando atopemos o momento idóneo para preparar a nosa actividade final: o roteiro literario por Betanzos e a charla coloquio co escritor brigantino Xesús Fraga, autor da novela Virtudes (e Misterios), ambientada nesta vila das mariñas coruñesas.
viernes, 26 de mayo de 2023
viernes, 12 de mayo de 2023
9ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA
O venres 12 de maio de 2023 realizamos unha nova reunión no Club de Lectura Larpacontos. É final de curso, temos moitos exames e traballos, polo tanto menos tempo para ler, e diso deixamos constanza na reunión. Non obstante proseguimos, cada un ao noso ritmo, nas lecturas anteriores, vencelladas a Betanzos. Mais agora dámoslle unha volta á tortilla, e querendo tamén coñecer outras realidades, plantexamos como nova lectura La flor perdida del chamán de K. Un increíble viaje de los Andes a la Amazonia, de Davide Morosinotto, unha emocionante novela ambientada en Perú. Así tamén poderemos achegarnos ao país de orixe da nosa compañeira Karem, e por tanto facer o intercambio cultural máis equilibrado.
viernes, 28 de abril de 2023
8ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURAS
E xa achegándonos ao fin de curso e con intención de preparar unha ruta literaria por Betanzos, na runión do Club de Lectura Larpacontos efectuada o venres 28 abril 2023 imos a presentar dous novelas ambientadas nesta localidade tan próxima ao noso centro: Interna en una casa de muñecas de Carmen Cutrín Porral e Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga.
viernes, 14 de abril de 2023
7ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA
Realizarmos unha nova reunión do Club de Lectura Larpacontos o Venres 14 de abril 2023, e con esta xa van sete. Proseguimos coa intención de facilitarlle a Karem máis títulos en lingua galega, por iso eliximos O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Nesta novela, protagonizada por unha adolescente, afondaremos tamén noutros temas moi importantes, como é o acoso escolar ou o risco das novas tecnoloxías e as redes sociais. Esta lectura seguro que nos da moito xogo para abrir debate.
viernes, 10 de marzo de 2023
6ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA
O Club de Lectura Larpacontos realiza unha nova xuntanza o venres 10 marzo 2023, tanto para falar das últimas lecturas e debatir sobre o xénero de banda deseñada e manga, como para elixir un novo libro. Nesta ocasión, para que a nosa compañeira Karem poda seguir afondando na lingua galega a nosa elección foi Harry Potter e a Pedra Filosofal, de J.K. Rowling, xa que para solvertar as dificultades da nova lingua apoiámonos nun libro previamente lido polos membros do Club en lingua castelá e incluso coñecemos a versión cinematográfica.
miércoles, 15 de febrero de 2023
5ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA
viernes, 20 de enero de 2023
4º REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS
Xa de volta das vacacións de Nadal, que nos permitiron non so descansar dos estudos e estar coa familia, senón de dispor de máis tempo libre para dedicar á lectura, reunímonos de novo o venres 20 de xaneiro de 2023. Toca comentar as aventuras de Percy Jackson en Percy Jackson y el ladrón del rayo de Rick Riordan, cheas de referencias á mitoloxía clásica, e pasar agora a algo máis desenfadado e de lectura máis sinxela. O libro "Mis whatsapp con mamá" recollen unha serie de conversas entre unha nai e un fillo en formato whatsapp, con moitos elementos humorísticos. Esperamos que nos arranque algunha gargallada!








