martes, 30 de abril de 2024

LARPACONTOS ESO VAI AO MUSICAL

 Musical O Rei León, Narón, martes 30 abril 2024

Achégase o final de curso e o Club de Lecturas Larpacontos da ESO quere premiar a constancia e o compromiso dos cinco rapaces/zas da ESO que o conforman facéndolles entrega de algo moi especial: unha experiencia que lembrarán toda a súa vida: a posibilidade de asistir a o musical tributo a O Rei León, no Pazo da Cultura de Narón (martes 30 abril 2024). O Rei León é unha desas películas que pasaron á historia atraendo a curiosidade de milleiros de espectadores en todo o mundo, e que despois de 20 anos do seu estreno no cine, segue cautivando ao público grazas a producións musicais con voces en directo, atractivas coreografías e unha grande posta en escea. Ademais de todos estes compoñentes sensoriais destacamos a grande importancia das mensaxes: a amizade verdadeira, a aprendizaxe e aexperiencia na vida, ou o respecto, entre outras. 






viernes, 5 de abril de 2024

NOVENA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

 Xa de volta das vacacións de Semana Santa realizamos o venres 5 abril 2024 a que vén sendo a nosa novena reunión do Club de Lectura Larpacontos. Ademais de charlar sobre as lecturas realizadas no período vacacional, nesta reunión abordáronse puntos moi importantes agora que da comezo a terceira e última avaliación. Por unha banda estamos a organizar unha saída extraescolar para o alumnado integrante do Club de Lectura que constitúa unha experiencia cultural enriquecedora e signifique tamén un premio ou obsequio polo seu compromiso levado a cabo durante todo este curso. Tamén fixemos un recordatorio da importancia de ir elaborando un guión radiofónico para poder no mes de xuño gravar un programa de radio na emisora CUAC FM de A Coruña. Plantexamos a posibilidade de restaurar unha antiga vitrina do centro para poder albergar todos os fondos e adquisicións realizadas polo Club de Lectura durante este curso 2023-2024 para que estén expostos nun recuncho da Biblioteca Castelao e poder realizar a deste curso ou principios do próximo curso unha campaña de achegamento á lectura para captar a incorporación de novos membros/as para o Club. E moi interesante a proposta dos membros varóns do Club de Lectura, que teñen prevismo realizar unha especie de "Biblio-Patio-Manga", isto é, un carrito con rodas para poder sacar ao exterior nos tempos de lecer, e así promocionar a lectura deste xénero que lles apaixoa e facilitar a lectura do mesmo ao resto do alumnado interesado nos tempos de lecer sen necesidade de facer rexistros ni empréstitos. Desde logo que ideas e ilusión non nos falta!!





miércoles, 20 de marzo de 2024

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Elías Espiñeira, alumno de 2º da ESO e membro do Club de Lectura Larpacontos,  realiza a lectura para alumnado de 2º EP. Mércores 20 de marzo de 2024

Inés e a cadela sabia. Cabana, Darío Xohán. Editorial: Rodeira.








jueves, 7 de marzo de 2024

COLABORACIÓNS CO IES EUSEBIO DA GUARDA

As coordinadora dos Clubs de Lectura do CPI Virxe da Cela e o IES Eusebio da Garda iniciaron en marzo de 2024 unha serie de comunicacións para ir tratando de marcar algunha actividade para realizar conxuntamente a finais de curso. Estase baraxando a posibilidade de facer unha xornada de convivencia conxunta en Betanzos, unha localidade intermedia entre ambos centros, para facer algunha ruta literaria e visitar a Biblioteca e algunha libraría local. Esperemos que podamos levar a cabo esta iniciativa e poder repetir unha experiencia xa realizada o pasado curso, que tivemos a oportunidade de xuntarnos ambos clubes de lectura nun interesante encontro no Mosteiro de Monfero



miércoles, 6 de marzo de 2024

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA POR PARTE DO CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

O pasado mércores 7 de marzo de 2024 o alumnado do Club de Lectura Larpacontos inicióu a primeira sesión do que nos gustaría que se convertira nunha actividadea realizar con certa peridiocidade.

Iván Bermúdez, alumno de 4º da ESO e peza fundamental no Club de Lectura Larpacontos ofreceuse de manera voluntaria a ler un conto ao alumnado de 2º de Educación Primaria, xa que ten relación de parentesco con varias alumnas matriculadas neste curso. Este alumno xa concertara co titor de 2º EP,  Iker Sánchez, a primera lectura: o fantástico libro Bruna aprende a dejarse ayudar, unha fermosa historia ilustrada que ten como obxectivo fundamental educar en emocións.

Os nenos e nenas de alumnado de 2º de EP, reunidos na aula de Ferraganchos no horario de recreo de secundaria (de 12:15 a 12:35), asistiron concentrados a narración efectuada por Iván e unha vez rematada pediron por favor repetir a experiencia.