viernes, 15 de diciembre de 2023
TERCEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA
miércoles, 29 de noviembre de 2023
FORMACIÓN EN RADIO E VISITA A UNHA LIBRARÍA CORUÑESA
A xornada especial do mércores 29 de novembro de 2023 ofreceu aos membros do Club de Lectura Larpacontos unha ocasión extraordinaria para descubrir novas posibilidades. Grazas á iniciativa e ao apoio da Fundación Ayuda en Acción e acompañados dos membros do Club de Radio do CPI Virxe da Cela, poidemos visitar as instalacións de Radio CUAC FM, situadas na zona da Zapateira (A Coruña). Nesta emisora de radio recibimos unha fantástica visita guiada e formación teórica, que nos deu moitas ideas para poder empregar a radio no Club de Lectura como unha ferramenta para falar das nosas lecturas, expresar as nosas opinións, facer recomendacións lectoras, etc. Xa en horario de tarde visitamos unha librería no centro da cidade herculina e cada un/unha dos/as integrantes do Club de Lectura fixo unha elección dun libro, xa que todos somos diversos/as e temos gustos e inquedanzas particulares. Este lotiño de libros foron mercados a cargo do Club de Lectura e qservirá para as nosas próximas lecturas.
E despois de tantas horas de convivencia rematamos a xornada con moitos elementos positivos: a convivencia entre ambos clubes foi moi agradable e positiva, e incluso algún novo membro pasará a integrar o Club de Lectura Larpacontos. Esperamos tamén facer colaboracións durante este curso 2023-2024 e poder regresar de novo ás instalacións de Radio CUAC FM no mes de maio ou xuño para gravar en directo un especial radiofónico sobre a lectura.
Esta experiencia empezou cuns cantos alumnos/as subíndose a un microbús. Aí o pasamos moi ben falando e xogando. Ao chegar ao campus universitario de A Coruña, lugar onde está situada a sede de CUAC FM, recibíronnos moi ben e ensináronnos todo: os aparatos, as ferramentas, etc. A visita durou un par de horas, e ao final nos fixeron unha presentación con todo e uns datos máis concretos, e responderon ás nosas dúbidas. Despois fumos ao centro de A Coruña e deixáronnos tempo para comer onde quixeramos. Uns amigos e mais eu fumos ao K.F.C. Despois de xantar fumos a unha libraría, a FNAC, na que os participantes do Club de Lectura elixiron un libro cada un/unha para a biblioteca do noso centro educativo. Chegamos de volta xusto para coller o bus para ir para casa. Marcu (1º ESO)
viernes, 24 de noviembre de 2023
SEGUNDA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS CURSO 2023-2024
lunes, 23 de octubre de 2023
PRIMEIRA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS 2023-2024
O venres 18 de outubro realizamos a primeira reunión do Club de Lectura Larpacontos ESO, coa incorporación de dous novos membros e moitas ganas proseguir coa actividade desenvolvida no curso anterior. Mergullámonos no mundo da banda deseñada coa primeira lectura elixida: Jojo´s Bizarre Adventure.
martes, 19 de septiembre de 2023
jueves, 29 de junio de 2023
ESTABLECENDO FUTURAS COLABORACIÓNS CO CLUB DE LECTURA DO CEIP ARDÁN (MARÍN)
O noso centro, o CPI Virxe da Cela, está a participar no programa Observa-Acción, da Xunta de Galicia. Nesta II Fase do programa, denominada "Acolle", tivemos a oportunidade de visitar o CEIP de Ardán (Marín) e de exercer de anfitrións deste centro que veu a visitar a nosa escola. Foron moitos os froitos deste intercambio de experiencias entre ambos centros, e durante un proceso de reflexión conxunta, xurdiron diferentes puntos para establecer futuras colaboracións, entre elas, vinculando os clubes de lectura.
miércoles, 21 de junio de 2023
CLAUSURA CLUB DE LECTURA: ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS
Aproveitamos o último día lectivo para ofrecer un sentido agradecemento ás persoas que se comprometeron a formar parte deste Club de Lectura neste curso 2022-2023. Sen vós non sería posible levar a cabo esta iniciativa. Os levades debaixo do brazo un colorido diploma, unha fermosa bolsa para portar libros realizada artesanalmente e un par de libros, un pequeno agasallo para compensarvos polo esforzo por remar cara a mesma dirección, a pesares de que non sempre a lectura, a cultura e a educación é "trending topic" e que hai que remar a contra corrente. E xa non como regalo, senón como empréstito, tamén marchades para casa cun par de libros para aproveitar as vacacións estival. Feliz verán e lembrade... a lectura é sempre unha viaxe.








