miércoles, 18 de diciembre de 2024

QUINTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

 O mércores 18 decembro 2024 realizamos a última reunión do Club de Lectura Larpacontos ESO deste ano 2024, moi contentos pola posibilidade da incorporación de dous novos membros no club, alumnos/as de 3º e 4º ESO. Medra así o club e teremos a posibilidade de enriquecer con diversidade, sumando ideas, proxectos, soños. O profesor de Lingua Galega, Diego Cousiñas, que forma parte do club de lectura, animou aos membros/as a participar en diferentes concursos literarios, xa que ademais da lectura, varias das persoas que forman parte do club teñen dotes creadores. Falamos tamén da posiblidade de instaurar o tempo de lecer dos mércores que non temos reunións do club de lectura como unha actividade paralela na que igualmente podemos utilizar a biblioteca escolar para realizar diferentes obradoiros ou xuntanzas, alternando actividades variadas. Falamos tamén dos avances das nosas lecturas, sobre todo daqueles que seguen a ler ou xa remataron o libro de O Xabaril Branco, de Tucho Calvo, e falamos da posibilidade de que este autor viñera ao noso centro a falar da súa obra. Outro punto do día foi decidir a vindeira lectura a realizar, e por votación saiu a saga  Sword Art Online, do nipón Reki Kawahara. Pensando da proximidade das vacacións realizamos por último o empréstito de as novas lecturas Soy de pueblo: manual para sobrevivir en la ciudad, de Moderna de Pueblo; y El cuerpo de Cristo, de Bea Lema. Seguro que xa nas nosas casas e con máis tempo libre poderemos avanzar e disfrutar das nosas lecturas. Felices Festas e vémonos no 2025!!






lunes, 16 de diciembre de 2024

OBRADOIRO DECORACIÓN NADAL

Alumnado do Club de Lectura Larpacontos. Mércores 11 decembro 2024. Aproveitamos as nosas reunións alternativas do Clube de Lectura (os mércores que non temos reunión "oficial" do clube de lectura") para potenciar a nosa creatividade e gozar construíndo manualmente elementos de nadal que decorarán o bonito espazo da Biblioteca Castelao. Agradecemos a axuda da nosa profesora de galego, Rocío Prego, que foi quen organizou esta iniciativa de "obradoiro de decoración de nadal".



miércoles, 4 de diciembre de 2024

ESCRITURA CREATIVA E ILUSTRACIÓN

Aínda que as reunións "oficiais" do Club de Lectura Larpacontos ESO realízanse os mércores cada quince días, os rapaces/zas que forman parte do club decidiron reunirse igualmente os outros dous mércores do mes que quedan libre para utilizar este tempo de lecer para actividades relacionadas co club de lectura. Por unha banda temos a un grupo de rapazas que están facendo bocetos e ilustracións para utilizar na decoración dun armario que temos para os libros adquiridos polo Club de Lectura, e tamén para publicar na revista escolar que estase a elaborar en 1º da ESO. E por outra banda temos a dúas rapazas que adican este tempo á escritura creativa, redactando (tanto de maneira manual con bolígrafo e papel como de maneira dixital cun procesador de textos) diferentes historias que posiblemente vexan a luz nesa revista escolar Teen Side que sairá a final de curso. Parabéns a estas persoas por desenvolver estas actividades tan enriquecedoras. A escritura creativa e a ilustración, integradas na educación, potencian a imaxinación, a expresión escrita e oral, e o pensamento crítico dos estudantes. A combinación de ambas as disciplinas permite aos alumnos conectar coa aprendizaxe dunha forma máis lúdica e significativa, fomentando a creación de historias e a exploración de diferentes formas de expresión 



CUARTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

A cuarta reunión do Club de Lectura Larpacontos da ESO levouse a cabo o mércores 4 de decembro 2024, nesta ocasión contando coa incorporación dunha nova docente (sendo agora catro os/as profesores/as que se animan a participar nesta iniciativa). Foi unha reunión moi aninada e dinámica, centrada principalmente no libro O Xabaril Branco (do autor Tucho Calvo coas ilustracións de Miguelanxo Prado), obra que está tendo éxito entre os lectores e que ademais serve para iniciarse na lectura en galego a algunha das alumnas que procede do estranxeiro. Os/as que xa están a ler este libro deron algunhas pinceladas (iso si, sen facer spoiler), sobre as aventuras de Tucho, un rapaz que inicia unha viaxe desde os Ancares ata Arxentina, onde coñecerá a muller da súa vida e presenciará a dureza da conquista das terras dos indios araucanos. Moi interesantes foron os comentarios de Diego Cousillas Novo, o profesor de lingua galega, que comparou este libro cos grandes clásicos da literatura (Jack London coa natureza máis salvaxe dos paraxes de Norteamérica ou  Melville coa busca do leviatán).

E pensando xa na escolla das seguintes lecturas a efectuar no mes de decembro, os/as participantes do club votaron a súa preferencia en relación aos libros Moderna de Pueblo e Orgullo y Perjuicio, e tamén presentáronse as sagas de manga  Sword art Online y Los 7 Pecados Capitales,  para ir investigando e facer unha elección á volta das vacacións de Nadal. Na rolda de recomendacións saíron títulos como O que nunca che contaron, La tumba de las luciérnagas, Cuentos en verso para niños perversos, Cuánta Tierras necesita un Hombre, Una vida sin salud mental, entre outros. Paula Cadaveira, a profesora de CCSS, presentou o comic Tintín en el Congo, unha lectura recomentada para o alumnado de 4º ESO que está a abordar o colonialismo, comentando a polémica da reedición desta obra de Hergé. Cuerpo de Cristo, de Bea Lema, foi outro dos libros que se abordaron nesta reunión, xa que é unha obra que se están a ler os profesores/as integrantes do Club de Lectura e que chamou moito a atención tamén dos rapaces e rapazas, non so pola súa estética, senón pola temática. 

A reunión foi tamén un espazo para promover entre o alumnado iniciativas vinculadas coa lectura e os libros, como é o concurso de recitado Concurso Rosalía Sempre Viva.







miércoles, 20 de noviembre de 2024

TERCEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO

Ademais das notificacións para as reunións que enviamos a través da aula virtual, o Clube de Lectura Larpacontos ESO está a editar uns marcapáxinas (editados en canva e plastificados) para repartir uns días antes da reunión e así ningúen se esqueza á cita. Nesta ocasión, como sabemos que varias rapazas son amantes dos gatiños, fixemos un recordatorio cuns simpáticos michiños. Iniciamos a reunión do clube realizada o mércores 20 de novembro de 2024 falando dos libros da autoría de dous membros do clube de lectura. Trátase de varias rapazas de 1º da ESO, que se uniron ao clube no presente curso, e ademais da lectura son unhas apaixoadas da escritura. Falaron das súas creacións: desce cando escriben, que temáticas abordan nas súas historias, quen son os seus escritores/ras referentes. Tamén temos unha compañeira que está interesada na ilustración. Desde o clube de lectura imos animar a estas persoas a que avancen na súa obra literaria e artística, ofrecéndolle a posibilidade vir á biblioteca os mércores que non teñamos reunión do clube para poder utilizar os ordenadores con programas de procesador de texto para proseguir na escritura, ou tamén avanzar nos experimentos de ilustración. O resto da rapazada que se anime a vir estes mércores, poderá proceder a restaurar e decorar un fermoso armario con rodas que serve para colocar os libros mercados polo clube de lectura. 

En canto ás lecturas comentadas, a obra Los Miserables, de Victor Hugo, centrou gran parte da conversa. O Clube de Lectura Larpacontos ESO xa tiña mercados varios exemplares en dous versións: por un lado a versión comic de Norma Editorial e por outra banda unha adaptación de Federico Villalobos publicada por Ediciones Mensajero. A mediadora do club de lectura, que imparte clases de música na ESO, solicitou que a biblioteca mercase o DVD da versión cinematográfica, e a estamos vendo a película dirixida por Tom Hooper co alumnado que cursa a optativa de música en 4º da ESO, xa que parte do alumnado pertence ao club de lectura. Tamén aproveitamos para comentar as aventuras de o Xabaril Branco, escrita por Tucho Calvo, un dos libros cos que iniciamos a actividad lectora neste curso 2024-2025. 





miércoles, 6 de noviembre de 2024

SEGUNDA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO. CURSO ACADÉMICO 2024-2025

Mércores 6 de novembro de 2024. O libro Los Miserables de Victor Hugo foi o elemento que guiou esta segunda reunión do Club de Lectura Larpacontos ESO. Foi a proposta máis votada entre os tres libros que se recomendaron para dar inicio á nosa actividade de lectura neste novo curso escolar. Dispoñemos do libro en formato manga e en formato novela reducida, xa que o orixinal de Victor Hugo ten unha gran extensión e complexidade para a idade dos nosos lectores/as. Deuse un interesante intercambio de opinións coa intervención de todos os/as participantes, expoñendo o seu punto de vista, e desde logo, o que podemos afirmar é que a lectura deste grande clásico da literatura universal está tendo unha moi boa acollida entre os lectores/as. Deu tempo tamén nesta segunda reunión de ir facendo propostas para as vindeiras lecturas, partindo sempre desde os gustos persoais, pero tendo sempre en conta de que os libros elixidos sexan axeitados para as idades dos membros do club e que teñan un poso positivo e enriquecedor a nivel humano e educativo. 







lunes, 28 de octubre de 2024

PARABÉNS AOS LECTORES/AS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Polo Día das Bibliotecas que se celebra o 24 de outubro, a Biblioteca Castelao homenaxeou aos lectores entregándolles uns agasallos aos rapaces e rapazas de EP e da ESO que máis libros levaron no curso 23/24. Parabéns! Especial mención para aqueles rapaces/zas que sodes membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO, que estades entre os máis lectores do cole. 

Queremos dar a noraboa ás persoas que forman parte dos Clubes de Lectura do centro escolar, xa que é evidente que estas iniciativas potencian a motivación e o asentamento do hábito de ler. Exemplifican este feito os lectores homenaxeados na etapa da ESO, todos eles membros do Club de Lectura Larpacontos ESO, deste xeito convertíndose en referentes para os seus compañeiros e invertindo as estatísticas: está comprobado que na adolescencia os mozos mostran unha menor propensión á lectura en comparación coas mozas, cun maior déficit en hábitos de lectura, debido diversos factores(falta de interese polos temas de lectura, influencia da contorna familiar e social, falta de modelos, etc). Grazas a estes rapaces (Iván, Elías e Marcos) tal vez outros adolescentes se animen visitar máis a biblioteca e gozar das múltiples e variadas lecturas dispoñibles!