Mércores 18 novembro 2026.
-Libro personalizado
-As Fillas Bravas de Momán
Mércores 18 novembro 2026.
-Libro personalizado
-As Fillas Bravas de Momán
Mércores 4 novembro 2026.
A escuridade adiantouse no CPI Virxe da Cela para acoller unha das sesións máis misteriosas e agardadas do noso club de lectura da ESO. Aproveitando a atmosfera máxica e arrepiante do Samaín, os membros de Larpacontos abandonamos a calor habitual das aulas para mergullarnos no corazón do terror. O escenario non puido ser máis propicio: un corredor a escuras emulando un cemiterio con candelas, flores, teas de araña e monstros que axexaban desde as sombras, transformouse no noso refuxio perfecto para desafiar os medos a través das palabras. Cunha soa lanterna enfocando as páxinas levamos a cabo unha lectura en voz alta de Contos de medo, a célebre antoloxía da editorial Tris Tram, con contos clásicos de Edgar Allan Poe, Bram Stoker ou Mary Shelley. Foi unha experiencia inesquecible onde a literatura gótica cobrou vida, demostrando que non hai mellor forma de celebrar as nosas tradicións nunha hipotética noite de defuntos.
Entre os alumnos/as máis lectores do noso centro educativo están algúns membros do Club de Lectura Larpacontos ESO. Parabéns rapaces/zas por servir como referente ao resto da mocidade e promover a lectura como hábito saudable ao resto dos vosos compañeiros/as. A Biblioteca Castelao quixo agasallar a estes lectores coincidindo coa significativa data do Día das Bibliotecas (24 outubro 2026)