A terceira lectura do club, facendo honor ao noso nome de Larpacontos, foi unha recompilación de contos: A nena de auga e o
príncipe de lume, dun autor xa coñecido no club: Xabier Docampo.
Sobre o Autor
Xabier Docampo, falando da súa vida:
Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.
Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.
Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.
Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.
Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.
Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.
Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.
Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria.
Polos meus libros déronme algúns premios:
Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.
Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.
Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
"Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995".
"Honourl List IBBY 1996".
"The White Ravens 1997" de la Jugendbibliothek de Munich.
Premio "Lecturas" da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
"The White Ravens 2005" da Jugendbibliotethet de Munich.
Sobre a obra
¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume. Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles.Así mesmo, todas as ilustracións foron realizadas de novo para esta edición.
Opinións dos lectores
Pareceume un libro bonito
e intrigante. O meu conto favorito é o do mando a distancia, gustaríame ter un
mando coma ese.
Rubén
Pareceume bastante
divertido e interesante. O meu conto favorito é A nena de auga e o príncipe de
lume porque é una historia romántica e son as miñas historias favoritas.
Ariadna
Gustoume porque son
contos curtos moi ben narrados. O meu favorito é o do cabalo de cartón porque
recrea un mundo fantástico feito de papel xenial.
Daniel
Recopilación interesante de contos moi orixinais cheos de creatividade. Recoméndoo¡
Hugo
Recopilación interesante de contos moi orixinais cheos de creatividade. Recoméndoo¡
Hugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario