domingo, 27 de mayo de 2018

5ª Lectura: Mecanoescrito da segunda orixe, Manuel de Pedrolo

omo proposta de Hugo, membro destacado  do club Larpacontos, escollemos este libro como quinta lectura do club:

Sobre o autor

Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó (Segarra) o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país. Mostrouse especialmente crítico cos partidos políticos cataláns antes, durante e despois da transición española, sendo considerado decote un referente e intelectual da esquerda independentista.

Sobre a traductora

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.

Este ano 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Sobre a obra

Alba é unha moza de 14 anos, e Dídac é un rapaz de 9, que viven en Benaura, unha vila rural catalá. Alba tirárase a rescatar a Dídac logo de que uns rapaces lle pegasen e o tirasen ao río por ser mulato. Xusto nese momento prodúcese un ataque alieníxena que extermina os mamíferos e esnaquiza algúns edificios, pero eles dous logran sobrevivir ao estar baixo da auga.

Logo do shock inicial, comezan a adaptarse á nova situación. Fuxindo do perigo dunha epidemia ao estar a vila chea de cadáveres, marcha á fraga. Primeiro instálanse nunha cova xunto a unha fervenza, e despois van a unha masía abandonada. Fan acopio de víveres e produtos necesarios para sobrevivir. Un día teñen un encontro cun alieníxena, con corpo humanoide, e mátano. Sotérrano e quedan cunha arma moi perigosa que lanza lume. Dídac pasa o sarampelo e Alba fractura unha tibia. Despois, cando dos corpos dos falecidos xa só quedan os esqueletos, marchan a Barcelona, e comezan a facer unha gran biblioteca rescatando exemplares de libros para preservar o coñecemento.

Despois marchan a unha aldea preto do río Llobregat na costa e comezan a cultivar plantas. Atopan o corpo dunha muller morta poucos días antes. Máis adiante inician unha viaxe en barco polo Mediterráneo. Continúan cara ás illas gregas, e unha noite de verán que dormen na praia perden a virxindade. Dídac xa ten 12 anos e ela 17.

Logo do paso da amizade ao amor, fan a viaxe de regreso. Regresan cara a Cataluña e aséntanse nunha vila da costa. Alí, en primavera, Alba dá a luz sen problemas, pero xurdirá de novo a traxedia.

Opinións dos lectores
....
Gael

....
Rubén

....
Daniel

....
Hugo


....
Ariadna

No hay comentarios:

Publicar un comentario