Unha nova reunión do Club de Lecturas Larpacontos ESO levouse a cabo o mércores 19 febreiro de 2025, xuntándonos profesorado e alumnado para compartir as nosas inquedanzas sobre a lectura.
Abrimos a reunión facendo reconto de votos con respecto ás recomendacións lectoras deste mes, e así poder ir elexindo as novas adquisicións. Dimos paso a un pequeno espazo de debate a raíz da lectura do libro Historia de Sara, escrito por Antón Castro e ilustrado por Luz Veloso, xa que trata un tema moi complexo e incluso tabú. Todos e todas estivemos dacordo en que gustounos moito a lectura do libro, a pesares da dureza do tema tratado, e consideramos que a publicación deste libro é unha maneira para poder visibilizar o problema dos abusos na infancia.
Descubrimos tamén o novo libro de poesía que vén de publicar o noso compañeiro Diego Cousillas. O seu título é G, e o propio autor deunos unha pincelada do que é a poesía experimental e explicou certos elementos que aparecen no seu libro, como é a Greguería, o haiku, o caligrama, ou a poesía tipográfica, entre outros.
Ademais de falar de lecturas, tamén avanzamos algunhas ideas e proxectos que temos en mente para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2025, xa que o alumnado do Club de Lectura Larpacontos ESO ten moitísimo potencial creativo e artístico e sempre é voluntarioso á hora en participar en diferentes iniciativas.
Antes de rematar a reunión utilizamos uns minutiños para falar do cartel do Día do Comic (17 de marzo 2025), creado por Bea Lema, a autora de Cuerpo de Cristo, Premio Nacional do Cómic 2024, no que volve a apostar pola súa característica técnica del bordado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario