lunes, 28 de abril de 2025

DECIMOSEGUNDA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO CURSO 2024-2025

Mércores 30 abril 2025. Quedan xa poucas semanas para rematar este curso escolar 2024-2025, por iso xa estamos estirando as reunións para falar de tantas cousas que non nos chega o tempo! Desta volta temos novidades para o Club de Lectura Larpacontos da ESO, e o lote de libros xa están en circulación!! Con moitas ganas os/as lectores sacaron en empréstito os libros que eles/as mesmos/as recomendaron: Desde as aventuras de rapazadas nunha illa a través das tan diferentes visións de Julio Verne cunha versión ilustrada de Dos años de vacaciones (colección "Inolvidables" de Molino) ou a distópica de William Golding con El Señor de las Moscas; pasando polo manga con novos libros da saga The Beginning after de End (manga TurtleMe / Fuyuki23, Norma editorial), o ben descubrindo o poder da música coa Melodía de la Magia de Violeta G.







miércoles, 23 de abril de 2025

PAULA CARBALLEIRA: PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2025

Resolución do 22 de abril de 2025, da Dirección Xeral Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece a autora ou o autor galega/o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo, no curso precedente, mediante o Premio dos Clubs de Lectura 2025. Esta iniciativa inscríbese no programa para o fomento da lectura en centros educativos, Hora de Ler, integrado no Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

Á vista dos resultados de lectura dos clubs no curso 2023/24, a autora merecedora deste premio na presente edición é Paula Carballeira

Resolucion Premio Clubs de Lectura 2025 Asinada by veracruces

jueves, 10 de abril de 2025

DECIMOPRIMEIRA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

 Mércores 9 abril 2025. O tempo de reunión do Club de Lectura Larpacontos non nos chega a nada! Tratamos de comentar as lecturas e do que estas nos provocan, facer recomendacións, informar de axenda relacionada coa lectura e cos concurso literarios, relacionarnos, convivir, e cando nos damos conta o timbre está a sonar chamándonos de novo ás aulas... Ler gústanos, e falar das lecturas sábenos a pouco! Sobre todo cando se trata de falar de obras tan fermosas como o de Mapas Literarios do autor Huw Lewis-Jones, que contén de imaxes de gran beleza, incluíndo bosquexos inéditos dos autores, figuran mapas do mundo tal como víase na Idade Media, outros de clásicos da literatura e de historias moi apreciadas, e mapas de aventuras, ciencia ficción e fantasía...



viernes, 4 de abril de 2025

CLUBES DIXITAIS DE LECTURA

Queremos difundir unha información que nos chegou desde o departamento de Igualdade da Deputación da Coruña. Trátase de dúas novas iniciativas que estamos promovendo en colaboración coa Biblioteca Provincial da Coruña, o Club de Lecturas de Igualdade "Tinta e Equidade" e o Club de Lecturas de Diversidade Sexual "Páxinas de orgullo". Dous espazos para explorar, aprender e compartir a través da literatura.

"Tinta e equidade" é un club dixital de lecturas en igualdade de xénero que ten o obxectivo específico de promover entre a poboación un pensamento crítico sobre as desigualdades de xénero e crear un espazo de encontro para fomentar o diálogo e a reflexión sobre a igualdade a través de libros e historias. Un lugar para compartir ideas, aprender e inspirar cambios positivos na sociedade que lanzarase a partir do 7 de abril de 2025. Está moderado por Maitane Vicente Mariño, Traballadora social e libreira social. 

"Páxinas de orgullo" é un club dixital especializado en lecturas LGTBiQ+ co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Este club estará activo a mediados do mes de abril.  Está moderado por Nuria Vilán, Grao en estudos de Galego e Español. 

Pertencer aos clubs dixitais "Tinta e equidade" ou "Páxinas de Orgullo" non ten ningún custo, está dirixido a persoas de mais de 14 anos, incorpora medidas de accesibilidade para persoas con discapacidade e está aberto a que podades usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Instrucións para poder formar parte destes clubs de lectura dixital:

1. Faite socio/a da túa biblioteca municipal.

2. Date de alta na eBiblioDaCoruna: enche o formulario que atoparás aquí e agarda a que che enviemos unha mensaxe ao teu correo electrónico cunha ligazón, a través da cal podes establecer o teu contrasinal.

3. Entra na eBiblioDaCoruna aquí e identifícate co teu usuario (que é o teu correo electrónico) e o contrasinal. Tamén podes descargar a app dispoñible para Android, iOS e Huawei.

4. No menú da eBiblioDaCoruna (tanto na versión web como na app) atoparás o acceso a "Club de lectura e espazo de aprendizaxe". Preme nel.

5. Elixe o club no que queres entrar de entre os dispoñibles e preme en "Comeza a experiencia". A partir dese momento xa podes participar no club, ler o libro, comentar, compartir citas, etc.

Para máis información e inscricións, non dubidedes en visitar a páxina web da Biblioteca Provincial da Coruña.