viernes, 26 de junio de 2026

DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN NOS CLUBES DE LECTURA

 Un ano máis queremos agraceder a vosa participación nos Clubes de Lectura do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Que disfrutedes dunhas merecidas vacacións en compañía das vosas familias, amizades e por suposto, unha boa lectura con calma!!











miércoles, 25 de marzo de 2026

DÉCIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO

 Mércores 25 marzo 2026. Hoxe os participantes no Club de Lecturas Larpacontos da ESO tivemos a oportunidade de ser partícipes dunha primicia: a obra creativa dun membro do Club, apaixoado non só pola lectura senón pola escritura. Esperemos que co paso dos meses cheguemos a ver impreso o libro A nena do bambán, do autor Marcos Garabana, que nos deleitou cos primeiros parágrafos desta novela. 



CAPÍTULO 1

A casa estaba en silencio. Non nun silencio tranquilo nin acolledor, senón un deses que pesan, que se meten entre as paredes e se quedan alí, como se formasen parte do aire. Un silencio que non descansaba, que non acompañaba, senón que lembraba constantemente que algo faltaba.

A luz da tarde entraba pola ventá do salón con suavidade e debuxando sombras longas sobre o chan. O reloxo, colgado na parede, marcaba o paso do tempo cun tic-tac constante, repetitivo, case molesto. Cada segundo parecía alongarse máis do que debía, como se o tempo naquela casa tivese outra forma de avanzar.

Sobre a mesa, un prato quedara sen recoller. Ao seu carón, un vaso de auga xa morna. Pequenos detalles que pasaban desapercibidos, pero que, xuntos, contaban algo máis grande: nada se remataba, nada se coidaba de verdade.

No cuarto do fondo, sentada no chan, estaba ela.

A nena.

Marcos Garabana. 4º ESO

miércoles, 25 de febrero de 2026

NOVENA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO

 Mércores 25 de febreiro 2026. Divertido o formato epistolar en que derivou a reunión o día de hoxe. Falamos de lectura a través dunha crónica de viaxe, que compartimos convosco. 

   

Texto Mgt Para Club Lectura.docx by veracruces






miércoles, 5 de noviembre de 2025

TERCEIRA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO

Aínda que eramos poucas as persoas reunidas o día de hoxe (xa que parte dos nosos compañeiros/as estaban de excursión) decidimos igualmente realizar a nosa sesión quincenal do Club de Lectura Larpacontos ESO este mércores 5 novembro de 2025. Ademais de seguir falando da nosa primeira lectura (Drácula de Bram Stoker), propuximos a idea de retomar algunhas lecturas de anos anteriores, como a saga manga Solo Leveling (Chu-Gong), a novela ilustrada Auschwitz (Pascal Crozi), o clásico de aventuras Dos años de vacaciones (Julio Verne) o la mitología de Circe (Madeline Miller).








MARCAPÁXINAS CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO: DRÁCULA (BRAM STOKER)

 

Para acompañar ás lecturas que se están a realizar no Club de Lecturas Larpacontos da ESO e premiar ao alumnado e profesorado implicado pola súa participación, fixemos o reparto duns marcapáxinas que conteñen tanto o nome do club como a primeira lectura que estamos levando a cabo, o icónico Drácula de Bram Stoker. Grazas ao programa de Polos Creativos podemos sacarlle partido á fabulosa cortadora-gravadora láser Mr Bean que temos a disposición no noso centro e que serve para facer grande variedade de traballos.





viernes, 24 de octubre de 2025

PREMIOS AOS MÁIS LECTORES

 Tres alumnos/as pertencentes ao Clube de Lectura Larpacontos reciben un premio e agasallo. Conmemoración Día das Bibliotecas Escolares, venres 24 de outubro 2025.



miércoles, 22 de octubre de 2025

SEGUNDAR REUNIÓN LARPACONTOS ESO 2025-2026




 


O Mércores 23 de outubro de 2025 levamos a cabo a nosa segunda reunión do Club Larpacontos ESO neste curso 2025-2026. O punto de inicio foi moi emocionante, xa que emulando o formato "epistolar" que Sam Stoker utilizou na súa obra maestra Drácula, a nosa compañeira de lectura e profesora de galego Laura animounos a mergullarnos neste clásico  a través dunha carta. Fixemos a lectura en alto desta misiva, na que Laura lembraba os seus tempos de estudante de filoloxía cando de maneira azarosa descubriu o libro de Drácula nunha libraría de segunda man. Agora tócanos a nós descubrir ao arquetipo moderno do vampiro, que tanto ten influído en innumerables obras posteriores de cinema, televisión e literatura. Drácula, de Bram Stoker, segue sendo unha das novelas máis lidas e representadas de todos os tempos.

Acompañando á lectura de Drácula trataremos de levar a cabo sesións de cineforum na biblioteca para poder facer o visionado dalgunha das películas inspiradas neste personaxe. A nosa compañeira Laura tamén nos animou na súa carta a realizar algún traballo creativo, como sería un mural, un storyboard ou un podcast radiofónico.

Tendo en conta os intereses dos diferentes membros  do Club de Lectura Larpacontos ESO entre outras lecturas que temos intención de levar a cabo este curso falouse de continuar coa temática de vampiros a través da  Crepúsculo (Twilight) de Stephenie Meyer, descubrir as aventuras de Alatriste de Pérez Reverte, achegarnos á literatura xuvenil romántica a través da trioloxía de A través de mi ventana de Ariana Godoy, entre outros. 



carta ao club de lectura, Drácula by veracruces

lunes, 7 de julio de 2025

PREFERENCIAS LECTORAS CURSO 2024-2025

 Deixamos a disposición non so dos membros/as do Clube de Lectura Larpacontos da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero, A Coruña), senón de toda a comunidade educativa, deste documento que contén as recomendacións lectoras propostas cada mes, e que serviron de base para a elección das lecturas efectuadas durante este curso. Algúns destes títulos xa formaban parte dos fondos do Clube de Lectura Larpacontos ESO, e outros se foron mercando durante estes meses. Podedes coñecer un pouco máis destes libros a través das portadas e das sinopses, e seguro este documento vos animará a mergullarvos na lectura durante as vacacións estivais. 


Preferencias Libros Larpacontos 24-25 by veracruces

miércoles, 25 de junio de 2025

DIPLOMAS E AGASALLOS

A poucos días de rematar este curso escolar, quixemos agradecer a participación a todos os/as membros dos diferentes clubes de lectura. Imprimíronse uns diplomas acreditativos e graváronse uns chaveiros coa cortadora-gravadora láser que temos no centro escolar, co nome dos clubes de lectura e o logo do centro. Por falta de tempo e incompatibilidade de horarios nun fin de curso moi axetreado non puidemos levar a cabo  unha chocolatada conxunta de todos os clubes, queda pendente para o vindeiro curso. 



viernes, 30 de mayo de 2025

DECIMOTERCEIRA E ÚLTIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO

Mércores 28 maio 2025. Hoxe é o último mércores do mes de maio, e iso implica que tamén é o último mércores do curso con tempo de lecer despois da hora de comer, xa que en xuño hai unha modificación do horario escolar. A reunión de hoxe foi a última, a de despedida, nun ambiente distendido e simplemente comentando e avaliando o noso paso por esta experiencia. Estamos todos e todas satisfeitos/as, e sabemos que queremos repetir para o curso que vén. E para aqueles/as que cursan 4º da ESO e están a piques de rematar a súa etapa educativa no CPI Virxe da Cela buscaremos algunha maneira para non perder o contacto e poder compartir o gusto pola lectura, aínda que sexa en formato online. De lembranza nos levamos un bonito chaveiro gravado co nome do noso clube de lectura, Larpacontos, un espazo non so para a lectura, senón para atopar persoas e crear conexións. Non vos esquezades pasar pola biblioteca no mes de xuño para elixir unha pila de libros para gozar nas vacacións de verán. Ata o vindeiro curso!!




miércoles, 21 de mayo de 2025

XVII XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 



A coordinadora do Club de Lectura Larpacontos asistiu o pasado mércores 21 de maio, á reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, reunindo a máis de 500 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado. 

Entregouse o Premio dos Clubs de Lectura 2025, que desta vez recaeu na escritora Paula Carballeira por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2023/2024, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2025, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez, Manuel Núñez Singala e Arantza Portabales.

A xornada comezou cunha conversa coa autora premiada e dúas profesoras integrantes dun club de lectura, continuou coa intervención do mediador, investigador, escritor e especialista en LIX Freddy Gonçalves; a profesora, investigadora e formadora Gualdalupe Jover; disfrutamos tamén dunha conversa arredor das redes que tecemos con librarías e bibliotecas públicas e de  sesións simultáneas coa experiencia de dez centros integrados no programa. O peche da xornada deu voz ao alumnado que forma parte dos clubs de lectura nunha conversa moderada por Freddy Gonçalves.