domingo, 27 de mayo de 2018

4ª Lectura: Sin noticias de Gurb, Eduardo Mendoza

Como suxerencia da coordinadora do club de lectura, escollemos este libro como cuarta lectura do club:

Sobre o autor

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).
De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa dona, a actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.
Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Sobre a obra

Sin noticias de Gurb apareceu por entregas no xornal El País, e foi publicada en 1991 por Seix Barral. Foi traducida ao galego por Antón Lado e publicada en 2010 por 2.0 editora. Amais, traduciuse ao inglés, francés, alemán, italiano, dinamarqués, romanés, polonés e búlgaro.

Dous alieníxenas son enviados ao planeta Terra, e aterran preto de Barcelona. Un deles, Gurb, toma a aparencia da cantante galega Marta Sánchez e dedícase a investigar a vida humana. Porén, pérdese e non lle dá novas ao seu xefe (o narrador), que marcha explorar a cidade pola súa conta. Nun principio toma a imaxe do Conde-Duque de Olivares, e vai mudando a aparencia segundo as circunstancias, modificando de forma improvisada os obxectivos da misión.

Así, mentres anda na procura de Gurb, vai coñecendo a vida da cidade e dos seus habitantes. Nese momento a vila prepárase para os Xogos Olímpicos de 1992, a pesar do cal a cidade está organizada de forma caótica, facendo críticas veladas ás institucións como o Concello, a Generalitat de Catalunya e o Goberno de España. O alieníxena vaise integrando nas incomprensibles e absurdas actividades da vida cotiá. Analiza por exemplo as diferenzas sociais entre xente rica e xente pobre, diferenciando os barrios de San Cosme e Pedralbes. No seu proceso de socialización faise amigo dunha parella maior que rexenta un bar, e faille as beiras a unha veciña.

Atopa a Gurb e pensan en asentarse en Barcelona, pero os seus xefes encoméndanlles a misión de ir a un planeta en Alfa Centauro. Finalmente envían a nave cara a esa galaxia e quedan na cidade, mais Gurb volve desaparecer, rematando cun final aberto.

Opinións dos lectores

É un libro sorprendente, narrado dun xeito moi orixinal, como un diario de a bordo ou caderno de bitácora dun viaxeiro, pero dun viaxeiro espacial. Aínda así non acabei de entender este sentido do humor tan persoal.
Gael

Gústame porque o protagonista vive unha serie de aventuras eestrambóticas e moi divertidas.
Rubén

Gustoume porque .
Daniel

Gustoume moito
Hugo


É un libro ambientado na Barcelona dos anos 80. Gustoume porque é un tema que sempre me gustou: os extraterrestres.
Ariadna


viernes, 9 de febrero de 2018

3ª Lectura: A nena de auga e o príncipe de lume, Xabier Docampo


A terceira lectura do club, facendo honor ao noso nome de Larpacontos, foi unha recompilación de contos: A nena de auga e o príncipe de lume, dun autor xa coñecido no club: Xabier Docampo.

Sobre o Autor


Xabier Docampo, falando da súa vida:
Nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.
     Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia.
     Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.
     Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Estas actividades de reflexión sobre da narración oral, a escritura e a lectura leváronme a participar como conferenciante en eventos sobre tales temas en América en diversas ocasións.
     Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.
     Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.
     Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra.
     Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) na que pertencín durante cinco anos á súa xunta directiva, dous deles como presidente.
     Durante tres anos fun columnista semanal na prensa diaria.
     Polos meus libros déronme algúns premios:
     Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.
     Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.
     Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
     "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995".
     "Honourl List IBBY 1996".
     "The White Ravens 1997" de la Jugendbibliothek de Munich.
     Premio "Lecturas" da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
     "The White Ravens 2005" da Jugendbibliotethet de Munich.

Sobre a obra


¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume. Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles.Así mesmo, todas as ilustracións foron realizadas de novo para esta edición.

Opinións dos lectores


Pareceume un libro bonito e intrigante. O meu conto favorito é o do mando a distancia, gustaríame ter un mando coma ese.
Rubén
Pareceume bastante divertido e interesante. O meu conto favorito é A nena de auga e o príncipe de lume porque é una historia romántica e son as miñas historias favoritas.
Ariadna
Gustoume porque son contos curtos moi ben narrados. O meu favorito é o do cabalo de cartón porque recrea un mundo fantástico feito de papel xenial.
Daniel
Recopilación interesante de contos moi orixinais cheos de creatividade. Recoméndoo¡
Hugo


lunes, 29 de enero de 2018

2ª Lectura: Percy Jackson y el ladrón del rayo, Rick Riordan

A petición dos membros do club de lectura deste curso, escollemos este libro como segunda lectura do club:

Sobre o autor

Rick Riordan, nado e criado en San Antonio, Texas, graduándose na escola secundaria de Alama Heights. Despois se graduó da Universidade de Texas. Deu clases de Inglés e Estudos Sociais por 8 anos en Presidio Hill School en San Francisco.

Riordan creou varias exitosas sagas literarias. A multi premiada saga de misterio para adultos Tres Navarre, que segue as aventuras dun erudito texano. A súa serie Percy Jackson e os deuses do Olimpo segue ao personaxe principal de 12 anos que descobre que é un fillo moderno do deus da Antiga Grecia, Poseidón. Twentieth Century Fox comprou os dereitos cinematográficos e estreou Percy Jackson e o ladrón do raio o 12 de febreiro do 2010. Debido ao triunfo de" Percy Jackson", Riordan creou As crónicas de Kane, saga que trata sobre a Mitoloxía Exipcia e dous irmáns protagonistas, Sadie e Carter Kane. O primeiro libro, A pirámide vermella, publicouse o 4 de maio do 2010; a secuela, O trono de lume, foi publicada 3 de Maio do 2011. O terceiro e último libro nas Crónicas de Kane, A sombra da serpe, saíu á venda o 1 de maio de 2012. Riordan tamén creo outra saga secuela á de Percy Jackson, Os heroes do Olimpo. O primeiro libro, O heroe perdido, foi lanzado nos Estados Unidos o 12 de outubro do 2010; a secuela, O Fillo de Neptuno, foi lanzado o 4 de outubro do 2011, o terceiro libro na saga, A Marca de Atenea, foi lanzado o 2 de outubro do 2012, o cuarto libro A Casa de Hades foi lanzado o 8 de outubro do 2013, e o quinto libro, O Sangue do Olimpo estreouse o 7 de outubro do 2014. A Espada do Tempo, o primeiro libro na serie Magnus Chase e os deuses de Asgard, unha serie sobre a mitoloxía nórdica, foi lanzado o 6 de outubro do 2015. Ademais Riordan axudou na creación da serie de libros infantís The 39 Clues; escribiu varios dos libros da serie, incluindo O labirinto de ósos, o cal estivo na cabeza da lista de The New York Times Best Seller list no 28 de setembro do 2008. En setembro de 2015 anunciou a súa nova saga que seguiría aos semidioses gregos e ao deus Apolo humanizado: As Probas de Apolo; o primeiro libro desta saga, O Oráculo Oculto foi lanzado o 3 de maio de 2016 á venda nos Estados Unidos.

Riordan vive en Boston coa súa esposa, Becky, e os seus dous fillos Patrick e Haley, quen inspiraron a serie de Percy Jackson como unha historia para durmir.

Sobre a obra


O ladrón do raio (título orixinal en inglés: The Lightning Thief) é un libro escrito por Rick Riordan. É o primeiro libro da serie Percy Jackson e os deuses do Olimpo, que conta as aventuras dun mozo actual de doce anos, Percy Jackson, cando descobre que é un semideos; o fillo dunha mortal, Sally Jackson, e do deus grego, Poseidón. Percy e os seus amigos realizan unha procura para previr unha guerra apocalíptica entre os deuses gregos Zeus e Poseidón.

Riordan terminou de escribir o manuscrito en 1994. O libro vendeu máis de 1,2 millóns de copias no catro anos seguintes, aparecendo en The  New York Times children's Best Seller list e sendo catalogado nun dos Young Adult Library Services Association mellores libros para mozos adultos, entre outros premios.







Opinións dos lectores

É un libro que trata de mitoloxía. Relaciona a mitoloxía antiga co mundo moderno. Recoméndoo para xóvenes porque trata problemas do noso interese.
Gael

Gústame porque os protagonistas viven unha serie de aventuras fantásticas e moi divertidas.
Rubén

Gustoume porque trata a mitoloxía grega e crea unhas persoaxes moi boas como Groves. Tamén está moi ben enlazado o real e o fantástico de maneira que todo ten sentido.
Daniel

Gustoume moito. Mestura moi ben a mitoloxía grega coa realidade actual. transforma algo antigo en novo.
Hugo

Eu xa tiña vista a película e o libro non se parece casi nada. Gustoume máis o libro porque podes imaxinar por ti mesma as persoaxes en vez de que cho den xa feito. Ademais a historia no libro ten moitos detalles e ata a trama é distinta.
Ariadna




1ª Lectura: Cando petan na porta pola noite

Igual que no ano 2015, iniciamos unha nova andaina no club Larpacontos cun pequeno conto de Xabier Docampo: Cando petan na porta pola noite

martes, 13 de junio de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS

O pasado martes  6 de xuño os compoñentes do Club de lectura Larpacontos, visitamos esta biblioteca, unha das máis grandes de Galicia e tivemos a oportunidade de coñecela por dentro tanto as salas de acceso público como os arquivos de acceso restrinxido. Así mesmo explicáronnos o seu funcionamento e todos os servizos dos que dispón, presenciais e tamén a través de internet: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS



 Percorrimos todas as salas
 Neste espazo teñen a banda deseñada, unha enorme colección de cómics
Rematamos na sala infantil e xuvenil
Foi un día especial para rematar o segundo ano do Club Larpacontos


4ª Lectura: Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro

A última lectura deste ano foi " Tonecho de Rebordechao" do autor galego Breogán Riveiro.


Argumento

Tonecho é un neno de cidade que por cousas da vida ten que ir a vivir cos seus avós a Rebordechao, unha aldea perdida sen wifi e nin sequera cobertura de móbil.
Alí xoga nas casas abandoadas e da paseos polo monte co seu can . Un día oe falar do home do unto, e Tonecho averigua que vivía na súa aldea.


Autor

Nace en Montevideo en 1967. Estudia Naútica e o abandona para adicarse ao audiovisual. Na actualidade é realizador e guionista, adicándose en especial aos documentais. Como autor acada o Premio "Cidade fantástica" da cidade da Coruña, a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene e foi finalista do Primeiro Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia.

Publicou as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, instalado no ámbito da literatura humorística. En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao.

3ª Lectura: Lejos de Boneville, Jeff Smith

A terceira lectura do club no presente curso foi un cómic, escollimos o primeiro tomo da serie de albums: Bone:


 

Argumento


A serie céntrase nos Bone. A raza Bone caracterízase por ser uns seres brancos, calvos e con grandes narices. No primeiro número preséntase ao tres primos Bone, o avaro Phoncible P. Phoney Bone, o tontorrón Smiley Bone e o arquetípico home ordinario Fone Bone, os tres primos son expulsados de Boneville, a súa cidade natal, despois de que Phoney ao presentarse a alcalde rompese a estatua do fundador de Boneville ao promocionar a súa candidatura.
Despois de cruzar un deserto aparecen nun misterioso val e acaban separándose debido a unha praga de lagostas, cada un polos seus propios medios consegue cruzar o val perseguidos por as  mostrorratas. Tras cruzalo se reúnen nunha vila chamada Barrelhaven onde son acollidos por unha misteriosa moza chamada Thorn e a súa avoa. Fone Bone namórase de Thorn ao instante e tenta demostrar por todos os medios o seu amor por ela. Pouco a pouco van coñecendo a outros humanos e a outras criaturas que están ameazadas polo Señor das Lagostas. Os Bone vense rapidamente inmersos nunha heroica aventura para salvar o val.
Aínda que Boneville nunca aparece na historia, insinúase que é unha cidade moderna tecnoloxicamente: Fone fala do seu gran centro, Phoney leva dólares e Smiley fala da existencia de reactores nucleares e postos de corndog. A modo de contraste, o val atópase nun estado medieval tanto polo seu tradicional estilo de vida como polo uso do trueque en lugar de diñeiro, armas antigas ou medios de transporte arcaicos. Phoney refírese á xente do val como paletos.
Jeff Smith (27 de febreiro de 1960, McKees Rock, Pensilvania) é un historietista norteamericano cuxa obra máis coñecida é Bone.

Autor

Jeff Smith naceu en McKees  Rocks, Pensilvania pero creceu en Columbus (Ohio), Ohio onde reside actualmente.

 Biografía
O debuxo de Jeff Smith inspírase en debuxos animados e tiras cómicas e está notablemente influenciado polo cómic Pogo de Walt Kelly, a quen descubriu ao nove anos cando un compañeiro trouxo a clase uns cantos cómics. Smith comezou a debuxar cos personaxes de" Bone" en 1970 cando tiña dez anos.

En 1978  graduouse no instituto Thomas Worthington High School en Worthington , Ohio un barrio residencial de Columbus. No instituto era compañeiro de clase do director de cine e animador Jim Kammerud, anos máis tarde, en 1986, Smith e Kammerud fundarían o estudo de animación Character Builders onde Smith traballou até 1992. Despois do instituto foi á Universidade Estatal de Ohio onde creou unha tira cómica chamada "Thorn" para o xornal estudantil The Lantern que incluía algúns dos personaxes que máis adiante aparecerían en Bone .

Carreira
Jeff Smith lanzou en 1991 a súa propia compañía, Cartoon Books, para autopublicar Bone, a publicación orixinal de cincuenta e cinco números en formato cómic book resultou un gran éxito.

Tamén ambientada no universo Bone publicou a través de Cartoon Books Stupid, Stupid Rat-Tails (publicada en España por Astiberri  baixo o nome Estúpidas, estúpidas mostrorratas no ano 2007).No ano 2002 publicou Rose, precuela de Bone (publicado en España por Astiberri  no ano 2008).

En 2003 empezou a traballar para DC Cómics nunha serie limitada do Capitán Marvel, unha serie da cal era fan. A serie titulouse The Monster Society of Evil (Shazam!. A Monstruosa Sociedade do Mal en España de a man de Planeta DeAgostini ).
En febreiro de 2008 lanzou a través da súa compañía Cartoon Books o primeiro número de RASL, unha serie aberta de ton cyberpunk.


En setembro de 2009 publicou a través da editorial Toon Books unha novela gráfica dirixida a nenos pequenos clamada Little Mouse Gets Ready, baseada nun personaxe que fixo de neno.