viernes, 16 de diciembre de 2022

3ª REUNIÓN CLUB LECTURA CURSO 2022-2023



Elías, Tatiana e Karem, membros do Club de Lectura Larpacontos, reuníronse o venres 16 de decembro de 2022 na Biblioteca Castelao para comentar a primeiras das lecturas realizadas este curso. Na pasada reunión, que tivo lugar o venres 25 de novembro de 2022 decidimos iniciarnos á lectura coa novela Invisible de Eloy Moreno. Este libro xa foi utilizado na última edición activa do Club de Lectura (curso 2019-2020) e timo moito éxito entre os participantes daquel momento. Os tres membros do actual Club de Lectura concordaron e coincidiron en que a pesares de que a historia é un pouco dramática, é unha lectura moi recomemdable para denunciar as conductas de abuso escolar ou bullying. A próxima lectura que teremos entre mans vai máis polo mundo clásico, iniciándonos coa saga de Percy Jackson. Animádesvos?






martes, 8 de noviembre de 2022

INICIAMOS O CLUB DE LECTURA NO CURSO 2022-2023

Despois dun parón dun par de cursos (debido á situación excepcional da Covid-19), o venres 4 de novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura Larpacontos. Imos esforzarnos ben por volver a mover as engranaxes e comezar a facer rodar esta iniciativa, e esperamos que aínda que sexa ao principio un tanto difícil, de aquí a final de curso poidamos avanzar e realizar con éxito a nosa doble misión: por unha banda promover a lectura e atopar un espazo para o intercambio de ideas e a socialización.

Cando deseñamos a proposta para o Club de Lectura Larpacontos neste curso 2022-2023 contábamos co compromiso de 6 alumnos/as da ESO: 1º ESO (2 rapazas e 1 rapaz), 2º ESO (1 rapaza e 1 rapaz) e 3º ESO (1 rapaza). Mais este número veuse xa reducido coa baixa de varias persoas, nalgún caso por cambio de centro educativo e noutros por falta de tempo, interés ou motivación. 

Somos poucos, pero como deixou escrito Baltasar Gracián fai moitos séculos: "Lo bueno, si breve, dos veces bueno". 

Nestre primeiro dos nosos encontros simplemente tratamos de romper o xeo, comentar as nosas expectativas en torno a esta actividade, dar unhas pinceladas sobre os nosos gustos e preferencias en conto ás lecturas, etc. Acordamos tamén traer para a vindeira reunión un par de suxerencias de lectura, para así poder ir abrindo o camiño a esta experiencia grupal. 



miércoles, 26 de junio de 2019

Visita do Club Larpacontos á Expotaku

Resultado de imagen de expotaku coruña 2019 O pasado venres 24 de maio visitamos a feira Expotacu na Coruña. Nela puidemos coñecer todo o máis recente desta cultura. O alumado puido xogar, comprar e ver en directo como algúns debuxantes facían as súas creacións.



Resumo do curso

Este ano non houbo tempo de deixar no blog as opinións e comentarios sobre as nosas lecturas, imos deixar a lista de títulos lidos:

My hero academia, Kohei Horikoshi



Assasination classroom, Yusei Matsui






Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro




León kamikaze, Álvaro García Hernández




O contador de estrelas, Santi Jaureguizar






Mi verdadera historia, Juan José Millás




Aire negro, Manuel de Pedrolo




Lectura para o verán: Invisible, Eloy Moreno

domingo, 16 de diciembre de 2018

Comezo do Club de Lectura

No pasado mes de outubro deron comezo as reunións do Club de Lectura Larpacontos.
Como en anos pasados reunímonos nos recreos do comedor en luns alternos.

A primeira lectura deste curso será un clásico da literatura galega:

Resultado de imagen de memorias dun neno labrego

miércoles, 6 de junio de 2018

Excursión do Club de Lectura

O pasado luns 28 de maio o alumnado dos Clubs de lectura Larpacontos fixeron unha excusión á Coruña para visitar o cemiterio de San Amaro.
Foi unha actividade exclusiva para os membros do club de lectura. A profesora Carmen Espiñeira, preparou  unha pequena “gincana”  para resolver por equipos, usando as cámaras dos seus móviles, os retos que previamente tiveron que investigar na biblioteca e internet e por último o plano do cemiterio. Nos retos había distintos obxectivos: autores literarios, artistas, epitafios...

  Imaxes obtidas polo equipo gañador

Os distintos equipos investigando

Membros do club Larpacontos 2018

O Cemiterio Municipal de San Amaro A Coruña é un Camposanto histórico do ano 1854 e dos máis importantes de Galicia, xa que nel  descansan numerosas personaxes ilustres e pertence desde o ano 2012 ao ASCE (Asociación Europea de Cemiterios Significativos).
O cemiterio está dividido en tres zonas:
• A zona Relixiosa.
• A zona Civil.
• A zona Británica.
Este último é privado xa que o comprou o cónsul británico en Galicia e permanece pechado.
Itinerarios deseñados polo concello.
Existen uns itinerarios que o Concello da Coruña ten dispoñibles nas oficinas de turismo e no propio cemiterio.
1 - Itinerario dos creadores, historiadores e científicos:
Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Curros Enríquez e Wenceslao Fernández Fórez  son algúns dos 70 grandes nomes que se propón visitar nesta ruta.
2 -  Itinerario dos políticos, os militares e os soños da Coruña:
Nesta ruta proponse visitar as sepulturas das personalidades fusiladas na Guerra Civil e unha considerada heroína que axudou na epidemia do cólera en 1854.
3 - Itinerario dos segredos de San Amaro:
Neste itinerario proponse visitar as tumbas de soldados alemáns vítimas do afundimento do submarino Ou966 Gut Holtz o 10 de novembro de 1943, ademais de xentes do pobo falecidas durante a Guerra Civil.
4 - Itinerario artístico:
A proposta deste itinerario é percorrer os panteóns máis artísticos cun total de 29 paradas con xoias  do neoclasicismo, templos neorománicos ou xónicos, ou panteóns modernistas.

Por todo esto é unha visita que vos recomendamos, incluso tedes a posibilidade de facer unha visita nocturna guiada: http://visitasguiadas.coruna.es/



domingo, 27 de mayo de 2018

5ª Lectura: Mecanoescrito da segunda orixe, Manuel de Pedrolo

omo proposta de Hugo, membro destacado  do club Larpacontos, escollemos este libro como quinta lectura do club:

Sobre o autor

Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó (Segarra) o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país. Mostrouse especialmente crítico cos partidos políticos cataláns antes, durante e despois da transición española, sendo considerado decote un referente e intelectual da esquerda independentista.

Sobre a traductora

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.

Este ano 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Sobre a obra

Alba é unha moza de 14 anos, e Dídac é un rapaz de 9, que viven en Benaura, unha vila rural catalá. Alba tirárase a rescatar a Dídac logo de que uns rapaces lle pegasen e o tirasen ao río por ser mulato. Xusto nese momento prodúcese un ataque alieníxena que extermina os mamíferos e esnaquiza algúns edificios, pero eles dous logran sobrevivir ao estar baixo da auga.

Logo do shock inicial, comezan a adaptarse á nova situación. Fuxindo do perigo dunha epidemia ao estar a vila chea de cadáveres, marcha á fraga. Primeiro instálanse nunha cova xunto a unha fervenza, e despois van a unha masía abandonada. Fan acopio de víveres e produtos necesarios para sobrevivir. Un día teñen un encontro cun alieníxena, con corpo humanoide, e mátano. Sotérrano e quedan cunha arma moi perigosa que lanza lume. Dídac pasa o sarampelo e Alba fractura unha tibia. Despois, cando dos corpos dos falecidos xa só quedan os esqueletos, marchan a Barcelona, e comezan a facer unha gran biblioteca rescatando exemplares de libros para preservar o coñecemento.

Despois marchan a unha aldea preto do río Llobregat na costa e comezan a cultivar plantas. Atopan o corpo dunha muller morta poucos días antes. Máis adiante inician unha viaxe en barco polo Mediterráneo. Continúan cara ás illas gregas, e unha noite de verán que dormen na praia perden a virxindade. Dídac xa ten 12 anos e ela 17.

Logo do paso da amizade ao amor, fan a viaxe de regreso. Regresan cara a Cataluña e aséntanse nunha vila da costa. Alí, en primavera, Alba dá a luz sen problemas, pero xurdirá de novo a traxedia.

Opinións dos lectores
....
Gael

....
Rubén

....
Daniel

....
Hugo


....
Ariadna