Quixemos facer un recoñecemento ao compromiso dos integrantes do Club de Lectura Larpacontos nun acto público que tivo lugar o último día de clase, o mércores 21 de xuño de 2024, a través da entrega dun un diploma acreditativo. Todo o alumnado e profesorado implicado nos tres clubes de lectura que se levaron a cabo no noso centro neste curso 2023-2024 (2º EP, 5º EP e ESO) levará para casa un diploma que recoñeza a súa participación e compromiso. Este acto de entrega se realizou na Biblioteca Castelao, coa presencia do coordinador da biblioteca e parte do equipo de bibliotecas e alumnado de varios cursos, que tamén presenciaron no mesmo acto a entrega de diplomas acreditativos da participación no programa Voluntariado na Biblio ou o lanzanzamento da revista Teen Side nº 2.
martes, 18 de junio de 2024
domingo, 9 de junio de 2024
ROTEIRO LITERARIO E MONUMENTAL POLA VILA DE BETANZOS
viernes, 24 de mayo de 2024
DÉCIMO SEGUNDA REUNIÓN CLUB DE LECTURA
O venres 24 de maio 2024 o alumnado realizouse a décimo-segunda reunión do Club de Lectura da ESO. A piques de rematar o curso esta reunión quedouse moi curta, xa que ademais de falar de libros e lectura, estivemos a perfilar varias actividades que temos entre mans. Unha delas é unha actividade en colaboración cos Clubes de Lectura do IES Eusebio da Garda, de A Coruña. Está programada para o vindeiro luns 10 de xuño de 2024, e consistiría nun roteiro literario e monumental por Betanzos, para ver diferentes localizacións que saen nalgunha das nosas lecturas, visitar unha libraría e un museo. Previamente a este encontro físico cos rapaces e rapazas do instituto coruñés, estamos a elaborar uns paneis de presentación, para poder enviarllos por correo electrónico e xerar unha especie de intercambio epistolar en formato dixital.
En canto ás lecturas, somos conscientes de que nestas alturas do curso, aveniñándose o fin de curso e múltiples exames e traballos, imos ter que deixar un pouco de lado as lecturas voluntarias, non obstante igualmente seguiremos respectando os nosos ritmos personais de lectura, e ademais de falar do que vivimos e sentimos a través das lecturas, estamos tamén pensando e facer suxerencias para ir fornecendo a biblioteca escolar con libros acordes aos nosos gustos e preferencias. Este curso temos que dicir que, coincidendo coa temática marcada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, o comic, banda deseñada e novela ilustrada foron os auténticos protagonistas, especialmente o manga/anime.
martes, 21 de mayo de 2024
SELO E ESPAZO LARPACONTOS
Os logotipos crean unha imaxe asociada a un producto e son indicador de identidade. Por iso o Club de Lectura Larpacontos acaba de adquirir un selo co seu nome e logotipo, e deste xeito poder identificar todos os fondos bibliográficos que foron adquiridos a través das partidas económicas asociadas ao programa de Club de Lectura das Bibliotecas Escolares de Galicia. Unha das ideas que temos pensado levar a cabo é facer unha búsqueda de todos os libros mercados cos fondos do Club de Lectura para poñerlles o selo e tamén crear un pequeno recuncho onde situar as adquisicións.
lunes, 20 de mayo de 2024
LECTURAS COMPARTIDAS
O mércores 15 de maio de 2024 dimos inicio ás lecturas compartidas das lexendarias lendas do recreo, escritas por El Hematocríticas, e reunidas nun único tomo: Legendario. Axudados e guiados por alumnos do Club de Lectura da ESO, os nenos e nenas de 2º EP pasarán os recreos dos mércores achegándose a esta divertida pandilla de comic!
lunes, 13 de mayo de 2024
XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA
A responsable do Club de Lectura Larpacontos asistiu á XVI Xornada de Clubs de lectura (martes 14 de maio de 2024 - Edificio Fontán. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela). Esta xornada constitúe unha reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
sábado, 11 de mayo de 2024
CONCURSO "MI LIBRO PREFERIDO 2024"
"Mi libro preferido" é un certame de fomento á lectura para o alumnado de 1º a 4º da ESO matriculado en centros educativos galegos. O prazo remata o 31 de maio de 2024. Pódese participar en dúas modalidades: texto escrito e podcast.
.png)













