lunes, 10 de marzo de 2025

NOVENA REUNIÓN CLUB LECTURA CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO

Mércores 12 marzo 2024. Aproximándose a data de celebración do Día das Letras Galegas 2025, este ano adicada ás cantareiras, parte da reunión a utilizamos para comentar algún dos libros relacionados con esta temática que adquiriu o Club de Lectura Larpacontos neste curso.  Promovemos a lectura e escoita do libro+cd Fuliada na Vila (Richi Casás, A Central Folque) aproveitando a visita do autor ao noso centro. Animamos ao alumnado a mergullarse na historia da tradición oral e as cantareiras a través da atractiva proposta  Sei cantar e sei bailar, de (Eva Mejuto, Edicións Xerais), a disposición na biblioteca escolar e facilitando a simultaneidade na lectura ao mercar o clube de lectura varios exemplares.

Por outra banda realizamos unha escolla de libros tendo en conta as recomendacións que van facendo os/as membros do Club de Lectura, tendo en conta os seus gustos e preferencias. E xa que estamos a falar de música, animádesvos a ler La melodía de la magia, de Violeta G.?





miércoles, 19 de febrero de 2025

OITAVA REUNIÓN LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

Unha nova reunión do Club de Lecturas Larpacontos ESO levouse a cabo o mércores 19 febreiro de 2025, xuntándonos profesorado e alumnado para compartir as nosas inquedanzas sobre a lectura. 

Abrimos a reunión facendo reconto de votos con respecto ás recomendacións lectoras deste mes, e así poder ir elexindo as novas adquisicións. Dimos paso a un pequeno espazo de debate a raíz da lectura do libro Historia de Sara, escrito por Francisco Castro e ilustrado por Luz Veloso, xa que trata un tema moi complexo e incluso tabú. Todos e todas estivemos dacordo en que gustounos moito a lectura do libro, a pesares da dureza do tema tratado, e consideramos que a publicación deste libro é unha maneira para poder visibilizar o problema dos abusos na infancia. 

Descubrimos tamén o novo libro de poesía que vén de publicar o noso compañeiro Diego Cousillas. O seu título é G, e o propio autor deunos unha pincelada do que é a poesía experimental e explicou certos elementos que aparecen no seu libro, como é a Greguería, o haiku, o caligrama, ou a poesía tipográfica, entre outros.

Ademais de falar de lecturas, tamén avanzamos algunhas ideas e proxectos que temos en mente para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2025, xa que o alumnado do Club de Lectura Larpacontos ESO ten moitísimo potencial creativo e artístico e sempre é voluntarioso á hora en participar en diferentes iniciativas. 

Antes de rematar a reunión utilizamos uns minutiños para falar do cartel do Día do Comic (17 de marzo 2025), creado por Bea Lema, a autora de Cuerpo de Cristo, Premio Nacional do Cómic 2024, no que volve a apostar pola súa característica técnica del bordado.









lunes, 10 de febrero de 2025

SÉTIMA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO 24-25

O mércores 5 febreiro 2025 reunímonos na biblioteca o alumnado e profesorado participante no Clube de Lecturas Larpacontos ESO. Entre diferentes temas abordados na reunión, entre os que cabe destacar a promoción de diferentes concursos literarios, tratando de animar ao noso alumnado a explorar as súas dotes creativas e experimentar coa escritura, tamén estivemos analizando as lecturas recomendades entre as preferencias lectoras deste mes. Gran parte do tempo ocupounos falar do libro A historia de Sara, de Francisco Castro, unha lectura xa realizada en anos anteriores e coñecida por algúns membros/as do clube de lectura, a cal decidimos entre todos retomar de novo, sabendo da complexidade do tema que aborda e as problemáticas de abusos na infancia e adolescencia.






miércoles, 15 de enero de 2025

SEXTA REUNIÓN CLUB LECTURA LARPACONTOS

O mércores 15 xaneiro 2025 realizamos unha nova reunión, tras varias semanas de vacacións de nadal. Os rapaces do clube, expertos en manga e en videoxogos, falaron da nova saga Sword Art Online (Reki Kawahara, Planeta Cómic), unha serie de anime que narra a historia dun videoxogo de realidade virtual (VRMMORPG) chamado Sword Art Online, onde os xogadores quedan atrapados e non poden saír ata que superen o xogo. Queda anotado para as nosas próximas adquisicións. A mediadora informou aos membros do clube da imposibilidade de mercar La tumba de las luciérnagas (Akiyuki Nosaka, Editorial Acantiladl), un dos libros elixidos na votación de preferencias lectoras, xa que está descatalogado e non se atopa nas librarías. 

Parte da reunión empregouse para comentar as dúas últimas lecturas, Cuerpo de Cristo (Bea Lema, Astiberri Ediciones) y Soy de Pueblo. Manual para sobrevivir en la ciudad (Moderna de Puelbo, Editorial Lúmen). Ambos libros tiveron moi boa acollida entre os/as lectores/as, a pesares de que o primeiro é unha obra que aborda un tema moi serio (a saúde mental) e o segundo é un manual desenfadado escrito en clave de humor. 

Houbo tempo para promover diferentes concursos e premios literarios, como premios literarios Minerva (Colexio Peleteiro), XXI Premio “El Brocense” de microrrelatos (Diputación Provincial de Cáceres), animando á rapazada na práctica da escritura. Tamén se presentaron dous proxectos que se van desenvolver no noso centro (Falamos+ e Rede Compás), motivando ao alumnado do clube de lectura a participar activamente neles, tendo en conta o seu enorme potencial e a súa capacidade de traballo en equipo e cohexión. 

Para finalizar a reunión varios alumnos/as comentaron que varios libros da biblioteca non teñen a etiqueta axeitada, e que polos contidos abordados non son axeitados para a lectura de nenos/as de primaria. Transmitirase esta información á coordinadora da biblioteca escolar. 






miércoles, 18 de diciembre de 2024

QUINTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA LARPACONTOS ESO. CURSO 2024-2025

 O mércores 18 decembro 2024 realizamos a última reunión do Club de Lectura Larpacontos ESO deste ano 2024, moi contentos pola posibilidade da incorporación de dous novos membros no club, alumnos/as de 3º e 4º ESO. Medra así o club e teremos a posibilidade de enriquecer con diversidade, sumando ideas, proxectos, soños. O profesor de Lingua Galega, Diego Cousiñas, que forma parte do club de lectura, animou aos membros/as a participar en diferentes concursos literarios, xa que ademais da lectura, varias das persoas que forman parte do club teñen dotes creadores. Falamos tamén da posiblidade de instaurar o tempo de lecer dos mércores que non temos reunións do club de lectura como unha actividade paralela na que igualmente podemos utilizar a biblioteca escolar para realizar diferentes obradoiros ou xuntanzas, alternando actividades variadas. Falamos tamén dos avances das nosas lecturas, sobre todo daqueles que seguen a ler ou xa remataron o libro de O Xabaril Branco, de Tucho Calvo, e falamos da posibilidade de que este autor viñera ao noso centro a falar da súa obra. Outro punto do día foi decidir a vindeira lectura a realizar, e por votación saiu a saga  Sword Art Online, do nipón Reki Kawahara. Pensando da proximidade das vacacións realizamos por último o empréstito de as novas lecturas Soy de pueblo: manual para sobrevivir en la ciudad, de Moderna de Pueblo; y El cuerpo de Cristo, de Bea Lema. Seguro que xa nas nosas casas e con máis tempo libre poderemos avanzar e disfrutar das nosas lecturas. Felices Festas e vémonos no 2025!!






lunes, 16 de diciembre de 2024

OBRADOIRO DECORACIÓN NADAL

Alumnado do Club de Lectura Larpacontos. Mércores 11 decembro 2024. Aproveitamos as nosas reunións alternativas do Clube de Lectura (os mércores que non temos reunión "oficial" do clube de lectura") para potenciar a nosa creatividade e gozar construíndo manualmente elementos de nadal que decorarán o bonito espazo da Biblioteca Castelao. Agradecemos a axuda da nosa profesora de galego, Rocío Prego, que foi quen organizou esta iniciativa de "obradoiro de decoración de nadal".