viernes, 12 de enero de 2024

CUARTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 O venres 12 de xaneiro 2024 realizamos a cuarta reunión do Club de Lectura Larpacontos. Foi unha xuntanza moi enriquecedora, e o tempo non nos chegou a nada, xa que tiñamos que comentar as nosas lecturas das vacacións de Nadal e presentar novas propostas. Parte dos membros do Club de Lectura neste curso 2023-2024 están moi enganchados co mundo do manga, e xa iniciamos unha nova aventura coa saga de Fullmetal Alchemist, da autora xaponesa Miromu Arakuwa. De maneira paralela, e sen alonxarnos da parte visual e gráfica, xa temos a disposición, en primicia e de recente adquisición, varios exemplares de dúas novelas gráficas impresionantes: Auschwitz, de Pascal Croci na Editorial Norma, e a famosa novela de Mary Shelley Frankenstein, da man de Georges Bess e tamén na Editorial Norma. E xa para finalizar a reunión un par de alumnos/as amosaron interese por adquirir libros de poesía do autor Alberto Ramos e tamén da triloxía dos irmáns Hidalgo A través de mi ventana. Esperamos que na próxima reunión xa teñamos algúns exemplares destas novas propostas, que estamos desexosos/as de poder devorar!







No hay comentarios:

Publicar un comentario