viernes, 26 de enero de 2024

QUINTA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O venres 26 xaneiro 2024 realizamos a nosa quinta reunión do Club de Lectura Larpacontos. Contamos coa visita de Iker Sánchez, o mestre de 2º EP, que vén facer entrega do libro Bruna aprende a dejarse ayudar, da autora Anna Ferrer, unha lectura sobre a empatía que imos preparar para poder realizar próximamente un contacontos para os nenos e nenas dese curso de primaria. Foron variados os puntos a abordar nesta reunión: a viabilidade de levar a cabo un programa radiofónico centrado no Club de Lectura para levar a cabo a final de curso na emisora CUAC FM ou a posibilidade de contar co ilustrador betanceiro Xosé Tomás para facer un obradoiro en formato online. E por suposto, tamén tivemos tempo para comentar lecturas anteriores ou propor novas lecturas. En relación ao libro Auschwitz, de Pascal Croci, revisamos un artigo sobre o Día Internacional en Memoria do Holocausto, publicado recentemente no suplemento La Voz de la Escuela, La Voz de Galicia (mércores 24 xaneiro 2024). E continuando coa nosa liña de lecturas sobre cultura clásica, xa temos a algún dos membros do Club de Lectura devorando La canción de Aquiles, de Madeline Miller, e próximamente farase a adquisición de máis exemplares para poder unirnos o resto dos membros. En liñas xerais, o tempo para as reunións estase a quedar curto, e non dispoñemos de máis, en fin, polo menos nestas reunións quincenáis temos a oportunidade de dar unhas cantas pinceladas e sempre quedarnos con ganas para a próxima!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario